Amosando publicacións coa etiqueta teo cardalda. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta teo cardalda. Amosar todas as publicacións

martes, 4 de xuño de 2013

GONZALO BOUZA-BREY BEN O MERECE



GONZALO BOUZA-BREY BEN O MERECE
xesus redon abuin
Xesús Redondo Abuín


teo gonzalo revenidasO sábado fun a Vilaxoán. E foi para emocionarme. Estaba cantado que ía emocionarme. Era inevitable. A dicir verdade, xa montei no tren en Santiago emocionado. Porque o xeito de morrer de Gonzalo  foi tan non natural para un militante revolucionario que a min a noticia canalla sentoume coma unha patada na alma. Sóubeno por Teo, amigo seu e meu.
scaleNinguén me negará con razón que morrer como morreu Gonzalo Bouza-Brei é a peor maneira de morrer que pode ter un apóstolo da revolución como era el. O caso é que o sábado todo foron emocións para min en Vilaxoán. Vilaxoán xa é en por el emocionante. E máis beneficiado como está polas ondas do mar de Rianxo. Se será emocionante canto bican as ondas do mar de Rianxo, que o propio Valle fantasiou con que súa nai o pariu no medio e medio da ría entre Vilaxoán e o Caramiñal. Pero é que ademais o sábado todo axudaba a emocionarse no Centro Cultural de Vilaxoán: A Quenlla ó completo; Cómplices ó completo; catro oradores de palabra álxida e dous mestres da declamación. Todos precedidos dunhas palabras emocionadas e emocionantes de Teo. Puxo nelas o corazón. Puxérono todos. Ben se veu. Eu emocioneime moito. E Gonzalo ben o merece.
Graciñas, Teo. Graciñas a todos. Graciñas tamén á asistencia. Que malia xogárnola o Deportivo e o Celta, alí, ata o final ninguén se moveu.

xoves, 14 de febreiro de 2013

Homenaxe a Ramón Soto Mariño (Pimienta)










Homenaxe a Ramón Soto Mariño ( Pimienta)


O día 1 de febreiro ás 20:00 horas no Centro Sociocultural de Vilaxoán, avenida Ramón Patiño
Tivo lugar unha homenaxe ao camarada e amigo Ramón Soto Mariño (Pimienta) falecido nun tráxico accidente no mar de Arousa o día 23 de decembro de 2011.

Interviron Ramón Bueno, Teo Cardalda, Xesús Alonso Montero, Juan Fajardo e parte do grupo A Quenlla. Quero darlle as grazas a todos os que fixeron posible esta Homenaxe, en especial a Xesús Alonso, Mini e Mero e os seu compañeiros do grupo por estar connosco neste acto emotivo
 








VIDEO DO ACTO
 Palabras ditas por Teo Cardalda F. no acto da homenaxe.
    Moi boas noites a todas e todos. Grazas por acompañarnos neste sinxelo e emotivo acto en lembranza de Ramón Soto Mariño (Pimienta).



    Perder un amigo é unha das experiencias máis tristes que unha persoa debe afrontar na vida. Moito máis cando un viviu aquela noite tráxica e fatal. Todos nalgún intre sufrimos a perda dun amigo e camarada e por veces resúltanos moi difícil pensar que esa persoa, con quen compartimos tantos momentos, xa non estará máis na nosa vida.

   É común preocuparse polo amigo que morreu. Podo pensar constantemente nesa persoa, pasar pola mente as circunstancias da súa morte unha e outra vez, pero a súa morte foi inesperada como aciaga e misteriosa. Pero eu nestes intres, non quero coñecer máis os detalles porque coido sinceramente que non engadaría luz ao asunto, senón moitas máis sombras, que xa son demasiado abondosas.


    Ramón, compañeiro de traballo, amigo en tódalas facetas da vida e camarada na loita social e humanista neste mundo cobizoso que esborrallase en corrupción; o mar de Vilaxoán, este mar de Arousa levouno para sempre. Pimienta, era un home que daba o primeiro paso adiante en toda causa solidaria, en defensa do seu Vilaxoán, na Asociación de Veciños onde estivemos xuntos moitos anos, no sindicato, no Partido Comunista e Esquerda Unida organización e ideal que sempre foi fiel que xamais trocou.

   En toda esta andaina Ramón, o facía coa súa propia marca: a sinxeleza e a humildade. Máis tamén, outra das características máis fondas do seu quefacer era a coherencia que amosaba coa súa achega, pousada, obxectiva e con responsabilidade. Aínda agora non me creo que aquela noite cando saímos para o mar ía a ser a súa derradeira singradura. Este mar de Arousa, deixouno sen un sopro de vida. Veu de volta navegando connosco ata terra entre lamentos , choros e queixumes que se escoitaban nos postos de mando dos remolcadores.

   En Vilaxoán seguen chorando os sorrisos e as flores múrchanse, pero sempre navegaran os días no lento navío dos meses e anos coas ondas das lembranzas e co recendo do salitre do Preguntoiro. O día que finou, a brisa fresca deste vento mareiro levoulle o ultimo suspiro, pero Ramón sementou un camiño de solidariedade, amizade e humanidade .

  Ríndolle esta homenaxe e dígolle adeus co puño en alto, polo seu exemplo que danos forza para seguir o seu combate de toda a vida.



Ata sempre camarada.

mércores, 26 de decembro de 2012

GONZALO BOUZA-BREY


DESDE O PREGUNTOIRO

 

GONZALO BOUZA-BREY
Teo Cardalda F.
 

      É curioso que me costa escribir sobre Gonzalo Bouza-Brey, poida ser que sexa por aquelas vivencias desde fai máis de trinta anos , quizais sexa por un estraño pudor na hora de exteriorizar os sentimentos que estaban moi agochados, os sentimentos verdadeiros, eses sentimentos que teñen que ver con toda esa andaina ao longo dos anos, a pesar que despois as bágoas achéguense dun xeito moi doado aos ollos.


Mitín do PC en Vilagarcía. Gonzalo Bouza-Brey, Santiago
Álvarez, Jesús Culebras, Carlos Barros e outros, 1977
    Coñecín a Gonzalo naqueles tempos daquela “ longa noite de pedra”, tempos moi duros da ditadura franquista. Moitas veces lembrábamos ese día, foi moi especial. Daquela eu estaba en Vigo é militaba no PCG , unha das labores que tiña era contactar en Vilagarcía cun membro do partido. Sabía que esa persoa chamábase Gonzalo e estaba agardando no Café Central, din moitas voltas para asegurarme que non fora unha trampa, ata que contactei cun xornalista, daquela correspondente da Voz de Galicia desta cidade que axudoume a identificalo. Foi cando chegamos a coñecernos en circunstancias moi especiais que deixa pegada ao longo da vida.



Homenaxe a Santiago Álvarez. Gonzalo Bouza Brey, Santiago
Álvarez, Wily Meller e Teo Cardalda, 1998
     Fago este anterior comentario da nosa amizade, simplemente para dicir que a miña teima con el era o intentar que escribira a historia política dos anos da ditadura, transición e actualidade da bisbarra do Salnés e Vilagarcía. Lle dicía que hai moito que contar e moito que dicir e xa ía sendo hora de poñer a cada quen no seu sitio facendo fincapé daqueles falsos “demócratas” de novo cuño que saíran de debaixo das pedras como os lagartos cando saíu o sol. Isto tamén é memoria histórica aínda que sexa recente, soamente hai 39 anos. Non puido ser. Non encanto, deixou ese pouso político , cultural e literario que algún día poida saír a luz na súa lembranza.

Gonzalo na inaguración da Avenida Ramón Patiño en
Vilaxoán, 2000
    Gonzalo, un imprescindible daqueles dos que falaba Bertolt Brecht, xamais deixou de militar na esquerda, nunca deixou de aportar o seu enorme gran de area á loita de sempre. Coido que era un clásico en isto. Non se perdía nin unha manifestación e sempre estaba ao carón da causa da democracia e a república. Gonzalo estaba animado co movemento 15M, falabamos moito disto e lle gustaba moita aquela frase que os manifestantes berraban “ Lo llaman democracia y no lo es”. Estaba convencido que a III República sería a democracia de verdade asentada no interés común.

    Tivo moita influencia na miña personalidade a nivel cultural desde un punto de vista galeguista, con el coñecín a moitos persoeiros da cultura de Galicia, en especial o grande mestre Raimundo García (Borobó). Escoitando os faladoiros dos dous, a miña posición ante a vida trocou polos valores humanistas que representaban ante estes novos tempos do mundo que vivimos de bafuallada cobizosa e retrincada.

Daquel poema que escribiu hai anos, resalto un anaco: “.....A canle da fonte quedou seca / a derradeira pinga xa esvarou / pola, aínda onte, húmida pedra / e alí no fondo ela estrombou......” Eu digo que a fonte aínda ten que votar moita historia e a derradeira pinga non esvarou.

   Podería escribir horas e máis horas sobre Gonzalo, milleiros de anécdotas, máis teño limitacións de espacio e non é posible facelo. Non encanto, resérvomo para relatalo no meu tratado, que algún día escribirei. Hoxe só existe ánimo para seguir lembrando ao camarada, amigo, demócrata, galeguista e republicano que foise para non volver; con quen convivín incontables aventuras. Xa non falaremos daquelas anécdotas históricas de proletarios e de cabaleiros e políticos covardes.

Ata sempre Gonzalo, que a terra che sexa leve.
 
 
 
==============================
POEMAS
 
O 23 de decembro de 2011, finara outro amigo común, Ramón Soto Mariño (Pimienta) nun tráxico acccidente no mar de Arousa. Amigo e camarada e compañeiro de traballo no Porto de Vilagarcía, Patrón da lancha dos prácticos. Ese día no tanatorio Gonzalo díxome que ía a facerlle un poema. Así foi, entregoumo para que llo dera á súa dona. Este poema está gravado na tumba de Ramón no cemeterio de San Martiño de Sobrán (Vilaxoán).
Que cousas ten a vida, que coincidencia que Gonzalo finara o mesmo día e mes un ano despois. A partir de hoxe estou odiando estes 23 de decembro, sempre quedarame na mente estes dous días tan aciagos e de mágoa.
 
 
 
 

 
===================
Poema ao 15M
 


Con gosto a 15-M
 
Veño onde ti, hirmán, para decirche
que o tempo está a cambiar,
iso se nota,
xa non todo vai ser como denantes.
É non é de cor azul ista marea,
non.
Ten árs de libertade e de esperanza,
como a frol ó abrir en primaveira,
ou o primeiro bico
dado ás agachadas
ó amor adolescente
co que se enceta a nova vida,
isa que os que mandan tentan sempre
impedir que nos a descubramos
e que agromen sementes de esperanza
co vento nordés que clarexa a treboada.
O tempo cambeará,
xa non hai dúbida,
a crise estrombóu en crise
de norte a sur,
de leste a oeste por todo o universo
e un canto xuvenil anuncia
ó enteiro mundo
ista feliz alborada de porvir,
de arelas e hirmandade.
Vilaxoán, maio 2011.
 
Vilaxoán, Maio de 2011