venres, 12 de xuño de 2020

AÍNDA BO É QUE NOS QUEDA LISBOA




AÍNDA BO É QUE NOS QUEDA LISBOA
   
 
   Xa estou canso de algúns xornalistas que moitos coñecemos polos seus contos “bulos”, cousa que queren manter a chamada de “equidistancia” dicindo que hai moita crispación no parlamento como se fora culpa de todos ou que os políticos non acadan dialogar xeneralizando, cando todos sabemos á perfección que grupos do parlamento son os que tomaron o camiño da descualificación, a mentira, insultos e o todo vale.
Non fai falla comentarios
   A eses políticos que hoxe usan eses cualificativos tanto no Parlamento como en rodas de prensa ou a nivel persoal. Algúns “xornalistas” tamén lles tiñan que lembrar e preguntar : señores, vostedes son os mesmos que falaban que o Prestige eran uns “hilitos”. Os mesmos que esnaquizaron documentos a golpes de martelos os discos duros, para non decatarnos das súas falcatruadas. Os mesmos que nos levaron á guerra de Iraq. Sodes aqueles que privatizaron a sanidade pública e o ensino. Vos sodes os mesmos que faltaron ao respecto as vítimas do atentado de Atocha. Os mesmos que crearon eses fondos voitres (capital estranxeiro), mercando vivendas sociais para logo vendelos a prezo de ouro. Señores xornalistas, preguntarlle se son os mesmos que fixeron a reforma laboral esnaquizando o mercado do traballo, creando paro e emprego precario. Que non vos quede no tinteiro o preguntarlle daquelas tarxetas blak, con moito diñeiro para gastalo en “clubs”, barcos e outras mercadorías de “primeira necesidade”. Tamén preguntarlle como lle vai aos Srs. Bárcenas e Rato
O home do "milagre" do ladrillo e formigón
, homes do “milagre” español. Ou facerlle o comentario señores “xornalistas” por algo máis recente: ¿Como vai iso do Master Sr. Casado?. A memoria neste país axiña esquécese, ou tratan de que non a lembremos, pero as hemerotecas por sorte aínda non se queimaron nin as bateron cos martelos dos discos duros.
  Estes son os mesmos que piden claridade e dimisións ante unha pandemia que non se recorda en máis de cen anos. Dimisións que xamais houbo nese partido PPepeiro porque.........antes morto que sinxelo.
Porén, isto ten mellor uso e fai que os oidos escoiten un mellor son
   Agora vou escribir soamente un anaco desa escisión do PP (que moitos xornalistas e xornais están a branquear) que se aproveitan da democracia no Parlamento para pervertela, xa que da pé para non escribir ren de ren. Porén, escoitar a algúns deses voceiros intentado de forma continua atentar contra o réxime democrático de liberdades, xustificar o racismo, a xenofobia e apoiar politicamente unha forma de violencia exhibindo bandeiras anticonstitucionais en actos políticos; cousa que en Alemania por mor de exhibición dunha bandeira nazi é delito. A rabexa que teño, non me queda outra que comentar para acougar un pouco a tempestade que roe a miña cabeza.
  Unha conduta que supón unha clara apoloxía dun réxime fanático e ditatorial que practicou o terrorismo de Estado, mediante a represión e execución de disidentes e o encadeamento de milleiros de persoas polas súa ideas políticas. En resume: un partido que vai contra os Dereitos Humanos non debe ter cabida dentro da nosa Constitución. Tratar de derogar a lei de violencia de xénero con mentiras e datos falsos supón, de algunha maneira asumir ser cómplice de quen practican ese terrorismo machista case día a día. Ningún estado democrático pode tolerar semellante aberración. O máis triste de todo e ver como se segue branqueando nos medios a estes desalmados.
Xa vedes, facendo propaganda de balde. Guitarrras etc.
   Porén, vouno deixar moi claro como a auga cristalina, escribir ou comentar sobre estes analfabetos funcionais, prodúceme moito noxo e por veces moi vomitivo.
   Ante todo isto que está a pasar cunha pandemia de cabalo, un inimigo invisible, aínda temos que aguantar outro virus (este visible) cunha dereita extrema e outra extrema dereita que da vergoña allea cando comentan de toda esta tropa os xornais de Europa.
Aínda bo é que nos queda Lisboa.




Ningún comentario:

Publicar un comentario