Xesús Redondo Abuín
Palabras
que pronunciu Xesús R. no nome de Cultura si, Mausoleo non na xira con Leo Bassi ó Monte
Gaiás. 16/10/2012:
 |
Xesús e Marcelino Camacho |
..“Hai un dito mariñeiro que é o seguinte: Eu
casei na montaña, pensando que había pan, e o forno de miña sogra, cría silvas polo
verán. Vai ser o conto do Gaiás: volverá ser un codesal. Un tupido
codesal. Movéronse dous millóns de toneladas de terra e dilapidáronse xa máis
de catro centos millóns de euros para nada. Para nada de nada. Foi a
extravagancia soñada por un canalla de Estado, por un gran canalla de Estado. Pero
haber hai tres partidos culpables deste delito perpetrado contra os descalzos:
PP, PSOE e BNG. O PSOE e o BNG levaban no seu programa o compromiso de parar o
dispendio. Pero facer fixeron todo o contrario: a Xunta do PP enterrou aquí
máis de douscentos millóns de euros e o Bipartito enterrou outros tantos. Sen o
máis mínimo reparo. Con todo o entusiasmo. O BNG chegou a converter á súa
Conselleira Ánxela Bugallo na Silvana
Mangano do Gaiás. Os tres partidos implicados no desbarate consumado no
Gaiás son igual de culpables. E deberían topar nas urnas o día 21 a forma do
seu zapato. Teñen ben ganado o zapatazo electoral”... Na xira da tarde
relevarame Xan Carlos Ansia.
Xesús é un gran camarada,
compañeiro e amigo desde aquela "Longa Noite de Pedra".
Ningún comentario:
Publicar un comentario