venres, 19 de febreiro de 2016

Mareando a perdiz. Outro esperpento





Desde O Preguntoiro


Mareando a perdiz. Outro esperpento

   Teo Cardalda F.


   O que se está vendo desde que o Sr. Sánchez foi elixido polo Rei para formar goberno, asemella a un esperpento controlado polas momias e os socioliberais do PSOE, entre eles o coordinador económico do equipo negociador os economistas Sr. Jordi Sevilla e José Carlos Díez grandes defensores dese partido dos pactos con Ciudadanos para seguir o “continuismo” de políticas de austeridade. Ou sexa trocar para non trocar nada.
   Estes personaxes máis os Felipes, Corcueras e outras momias do pasado, xa tiñan preparada a estratexia dun pacto con Ciudadanos e tratar de acadar a abstención do PP. Toda esta vella garda do aparato cos grandes medios de comunicación e o Ibex 35, está a poñer toda a carne no asador de que non haia un goberno de progreso e modernización neste país.
   O noxo que estes economistas e os socioliberais do aparato do PSOE lle teñen a Podemos é de moito carallo. Non é soamente noxo, senón que están a servizo dos seus intereses e do Ibex 35 que apurran aos principais medios de comunicación para ningunear a Podemos inclusive chegaron a poñelos no “galiñeiro” no Congreso dos Deputados. Por iso crearon e xustificaron unha liña roxa co dereito a decidir de Podemos en Cataluña, todo moi deliberado e con moita maldade e os medios dándolle á bola de neve, falando de que o referéndum da pé  axiña á independencia, sendo isto unha falsidade e unha mentira.
   Para máis inri, eses dous economistas ( Sevilla e Díez ) intentaron desacreditar á coalición de esquerdas de Portugal ( Partido Socialista Portugués, Bloco de Esquerdas e Partido Comunista Portugués ) pola resistencia ás políticas da Troika, dicindo que que os levaría ao desastre, que a Troika non aceptaría. Tres días despois, a Comisión Europea aceptou o presuposto presentado polo goberno portugués. Se España xunto con Franza, Italia e Portugal resistiran a esas políticas neoliberais outro galo nos cantaría, por iso fai falla con urxencia un goberno progresista para este país, onde por parte do PSOE xa desde o principio estivo mareando a perdiz. Eu ao día de hoxe 18 de febreiro,  dou por descontado que haxa un goberno de progreso.
   O máis grave de todo isto, está non intento de destruír Podemos con falsidades e ningunealos con unha longa lista de insultos por parte dese Loby político-mediático, inclusive xa na última carreira de investidura, acusando de que son os de Podemos os que están dificultando a coalición de esquerdas, cando a realidade, a dirección do PSOE e esa vella garda (momias), xamais fixeron nada para facer tal coalición e agora teñen a hipocresía de acusar a Podemos de que este partido sexa o responsable de que non se faga un goberno progresista.
  Este é o país que queren manter esa vella garda do PSOE (corrupción, involución etc.); queren tratar que non se faga ese troco profundo que España necesita axiña. Condenar a quen nunca gobernaron e non facelo cos que arruinaron este país e de: desalmados e bandidos.
  Desde o meu humilde punto de vista, hai dúas clases de economistas: o que quere facer máis ricos ao ricos e corruptos e os que queren facer menos pobres aos pobres, entre estes últimos está o Premio Nobel de economía Joseph Stiglitz.



Ningún comentario:

Publicar un comentario