luns, 22 de maio de 2017





Desde o Preguntoiro

¿Gañou Pedro Sánchez?

     Gañou Pedro Sánchez as primarias con máis do 50% dos votos militantes. Moitos socialistas cóntanme de que con Pedro significa un raio de esperanza para a esquerda, que o partido estaba secuestrado polos “dinosauros e trepas sociolistos” e por unha minoría dominante durante moito tempo.
   Pedro ten a lexitimidade para limpar o seu partido de eses “trepas”. Pregúntome: ¿será capaz de facelo?. Teño moitas dúbidas sobre isto cando fala de que no partido non sobra ninguén, iso non é certo, sobran todos aqueles que levaron desde fai moitos anos (bipartidismo) ao partido a onde atópase agora, aos pés dos cabalos e inclusive a unha escisión. Posiblemente teña que volver a darlle a man a Patxi López el “falsete” e do que coñecemos a súa posición ante as forzas do cambio e rexeneración do partido.
    Por iso xa veremos.........se o deixan, de momento o xornal El País na súa editorial xa fala de que o peor que puido acontecer contra a unidade do PSOE é que Pedro houbera gañado. Equiparan a Trump e a Pedro, falan da razón con argumentos que achéganse a “La Razón”. É unha mágoa no que está quedando este xornal, asemella a un panfleto humorístico.
    Porén, non me fío moito, pode acontecer aquilo de: imos cambiar algo para non trocar nada, se quere rexenerar non pode repudiar, (como xa o viña facendo nos últimos días de campaña) e terá que respectar  a  cinco millóns de cidadáns que apoiaron a Podemos. Non é santo da miña devoción Pablo Iglesias pero tampouco se pode ignorar á terceira forza política deste país, onde eses millóns de votantes o fixeron con boa fe para intentar botar esa banda mafiosa do PP e o seu goberno corrupto. O domingo día 21 de maio  no seu discurso ante a militancia, seguiu polos mesmos parámetros de fai uns días.


    Non me fío case nada de Sánchez. Certo que me convenceu naquel programa de Jordi Évole contándonos que recibira fortes presións das forzas bunkerianas, inclusive dándonos algún que outro nome. Terá que demostrar que ese bunker (Ibex35, Banca e as finanzas) ninguén os votou que el saíu Secretario cos votos da militancia e que a democracia require do progresismo, van parellos. Agora mesmo o PSOE na súa cúpula é neoliberal; se Pedro volve á aliarse con ese partido de riveritas, o outro PP, ese de aspirantes a corruptos, só demostrará que son uns neoliberais máis e que non podemos contar con eles nin para ir a misa.
Aínda bo é que nos queda Portugal.

Teo Cardalda F.

Editado en Galicia Dixital

sábado, 13 de maio de 2017




SECUESTRO DA DEMOCRACIA


“Unha conversación entre o expresidente da Comunidad de Madrid Ignacio González e o exministro Eduardo Zaplana revelaría que Mariano Rajoy foi chantaxeado por Xullo Ariza “exdiputado autonómico do PP e presidente de Intereconomía” cun vídeo no que un empresario confesaba que dera diñeiro ao extesoreiro do partido Álvaro Lapuerta. O empresario, segundo informa O Español, é Rafael Palencia, exdirectivo de Degremont Iberia".




Este partido, o PP, incluído o seu Goberno é un auténtico cortello podredoiro de corrupción: ter implicados na trama criminal (cualificación feita polos xuíces) ás máis altas institucións do Estado, Goberno, Fiscalía, grandes empresarios, policía política, altos funcionarios, etc., nin ten precedentes en España, nin creo que no mundo.
.¡Tremendo! ¿E isto non require unha moción de censura? É a única maneira de sacalos da cova.
Porén, temos a outro responsable do que está acontecendo como é o PSOE que ata non quere apoiar a moción de censura. ¿Que carallo queren ocultar?
E este presidente do goberno español que está de merda ata as orellas, iso o sabiamos todos os cidadáns decentes deste país, a súa actitude déixao ben claro, cando se ten a conciencia tranquila un fala con naturalidade e seguridade, se tentan ocultar ao presidente é que algo ten que ocultar.
Pura Mafia. Saquearon e espoliaron todo o Estado e o peor, destruíron a posibilidade de que haxa Xustiza negociando postos con xuíces e fiscais.
E agora a declarar por “Plasma”. Manda carallo na Habana. Secuestraron a democracia.
Temos que chimpalos fora do goberno a estes farrapos escachapiollos, sacar este abafamento que podrece o país e que non sigan escangallándoo máis.  

mércores, 10 de maio de 2017







CONTRA INFORMACIÓN



México - Venezuela



       Quen critica a violación aos dereitos humanos en Venezuela pero négase a ver a realidade en México é un hipócrita. O país latinoamericano que máis viola os dereitos humanos e os principios democráticos non é Venezuela. É México.

México é un dos máis países máis perigosos do mundo para exercer o xornalismo, ao nivel de Siria e de Afganistán. Desde o ano 2000, executaron a máis de 100 xornalistas e 20-30 xornalistas desapareceron.

Cada 3-4 meses cométense masacres en México. Están os casos de Ayotzinapa, de Nochixtlán, de Tlatlaya, de Ostula. E, máis recentemente, en Tepic.

Desde o primeiro de decembro de 2012, cando Enrique Pena Neto tomou posesión como presidente da República, reprimíronse todas as marchas de mozas na Cidade de México e en todo o país.

México conta con máis presos políticos que calquera outro país en América Latina. Algúns dos casos máis famosos ou importantes son os de José Manuel Mireles, por exemplo, Gonzalo Molina en Guerreiro, ou Leonel Manzano en Oaxaca. Pero estes son soamente algúns exemplos dos centos de presos políticos e detencións arbitrarias durante este sexenio.

Tamén en México cométense fraudes electorais de maneira sistemática: en 1988, 2006, 2012.

Luís Almagro, Jorge Castañeda, Donald Trump e Felipe Calderón son uns hipócritas.

A Organización dos Estados Americanos cada día convértese máis nun mero axente de Washington.

Xa basta de neocolonialismo!

sábado, 6 de maio de 2017




Desde o Preguntoiro
¿Cando os medios falarán de Portugal?

   Desde que chegou en Portugal o Goberno de esquerdas a finais do 2015, están a desfrutar dunha estabilidade impensable. Entre moitas medidas que se tomaron: o Goberno subiu ou salario mínimo co compromiso de aumentalo un 25 por cento en catro anos. Aprobaron medidas contra a pobreza enerxética, máis días de vacacións, baixaron o IVE nalgúns produtos, puxeron fin aos recortes salariais dos funcionarios e á privatización dá aerolínea TAP.

 Os partidos que sustenta ao Goberno son o Bloco de Esquerdas e Partido Comunista que acadaron a tarifa social a consumidores de gas e electricidade, desde xullo  aplícase por defecto con datos de Facenda e a Seguridade Social e obrigando ás compañías a sufragar o cento por cento na tarifa social dá luz. No caso dá electricidade, a tarifa social a pagan integramente as empresas.

Entre moitas recuperacións, unha importante, do fomento dás renovables e o autoconsumo eléctrico. Fai uns días aprobaron un Programa de Estabilidade, que agardan un crecemento económico do 1,8 por cento para este ano.

Esta é a situación en Portugal cun Goberno de unidade de esquerdas, e moitos “patriotas” españolitos teñen que saber que esa unidade non provoca “queima de igrexas”, nin é Venezuela, nin veñen os lobos. O que pasa no veciño país é que teñen memoria histórica do que foi a ditadura de Salazar, onde a Revolución do 25 de abril de 1974, deixou un pouso democrático tanto na cidadanía como nas Forzas Armadas, non teñen como no noso país, un franquismo cada vez máis acentuado por un goberno neoliberal-franquista desde fai cinco anos. Ou sexa, no veciño país houbo unha revolución. Aquí só tivemos un obituario que aínda hoxe lle fan homenaxes e están a enterrar ao morto a cada intre, por non falar de fundacións subvencionadas.


Neste noso país sempre mírase a Portugal por “riba do lombo”, como que somos seres superiores, cando temos que aprender moito dá súa xente, en especial cando remataron coa ditadura e a súa pacífica revolución dos caraveis e non se escoita a ninguén, tanto nos medios con tertulianos enxalzando a Salazar. Esa é a diferenza onde os mercenarios dos medios, “interlocutores” manipuladores e franquistas do noso país. Non lles interesa que se fale dun goberno formado por partidos progresistas, que están a facer un traballo de recuperación dos seus dereitos e liberdades, Claro, isto non interesa que a xente ou saiba. Falan todo o tempo de Venezuela e tratan de ocultar a grande corrupción sistemática dun partido o máis corrupto de Europa, partido que por lei tiña que estar ilegalizado.


Hoxe, ante a crise neoliberal que está a padecer ámbolos dous países, teño que dicir que teño envexa san dás políticas sociais do goberno portugués, non é de estrañar que Portugal desapareza dous podres “medios” españois.

Por certo, Pedrito foi a Portugal, fixo a foto, logo volveu, e para demostrar o ben que o asimilara, pactou con Ciudadanos ( despois o falangito Rivera foise a Venezuela a facerse outra foto). ¡¡¡Vaia nivel de políticos mamandurrios!!!

¿Cando os “medios” deste país falarán de Portugal?. Será cando mexen as galiñas ou ás ras lle nazan pelos.

“-Mira Sancho. Tras aquelas montañas, hay gentes que gozan de un buen gobierno que, los señores de este lugar esconden para no perder ellos  sus dotados previlegios.
-Ruego me acerques lanza y escudo, que voy combatir contra eses crueles personajes.
-Tenga cuidado vuestra merced, que a parte de crueles y perversos son traicioneros"





Teo Cardalda F.

domingo, 29 de xaneiro de 2017

Deformación grotesca e caricatura desta democracia

Desde o Preguntoiro

Deformación grotesca e caricatura desta democracia

Teo Cardalda F.


   Imos ver.....Intentarei resumir desde o meu punto de vista e raciocinio, toda a desfeita deste país de pandeiro desde que comezou aqueles tempos do ladrillo e formigón, tempos de bonanza, dicía Aznar . Bonanza sustentada baixo uns alicerces moi febles como castelo de naipes, ata chegar ata a actualidade cunha grande estafa  ao pobo español, creando unha rede clientelar mafiosa cunha corrupción galopante.

   O Aznar daqueles tempos, cando falaba de bonanza coido que o seu intelecto puido chegar a ser un novo García Márquez, ou quizais un novo Cervantes. Darvos conta que foi o home que apoiou á salvación de Irak con tropas pacifistas ¿Coido que lembrades aquel trío das Azores cantando Imagine de Jhon Lennon?.

   Quixo emular ao grande pintor dos círculos concéntricos Vasili Kandinski, (desta xa estaba de vicepresidente do goberno  Mariano Rajoy el Sr. de los hilillos), colleu os pinceis e a brocha pintando as costas de Galicia con pintura negra, dando voltas e máis voltas ao centro da brocha, para lograr eses círculos concéntricos, case o acada, faltoulle unha pincelada máis para rematar ese cadro da Galicia tenebrosa. Porén, o pintor colleu  “prestixio” dabondo.

   O expresidente quixo, case o acadou, de pechar toda a costa do Mediterráneo con ladrillo e cemento e os bancos a enterrar diñeiro a esgalla, todo era unha festa. Algunhas obras aínda quedaron a medio facer por falta de “técnicos políticos” que pedían máis comisións.

   ¿Quen non se lembra dalgunhas palabras egocéntricas deste Sr. de As  Azores?. Citas moi importantes que quedaran para a historia como un grande estadista dun país imaxinario da súa mente de tiruleco e turuleque: “El milagro soy yo”, Me encanta inspirarme en el silencio como Leonardo da Vince”, “Yo solo confío en mi mismo”. ¡Manda carallo na Habana para este tiruleco!

  Porén, para rematala,  despois de ser pacifista e pintor, o máis ilustrativo foi cando escribiu o libro “Memorias”, onde recollo algúns dos seus escritos que son para merecer o premio Nobel de Literatura. Vostedes lectores podedes xulgar como é o seu grande intelecto: “Muchas veces me han preguntado cómo sé que soy especial. Es difícil de decir; digamos que siempre lo he sabido. Ya desde el colegio, sabía que ninguno de los que me rodeaban estaba a mi altura. Como delegado de mi clase, en 3ºB, tomé la decisión de ocupar 3ºD y librar a aquellos pobres chicos del pésimo delegado que habían elegido. No fue una decisión sencilla; tuve que mandar a varios muchachos a combatir al patio, pero, al final, obtuvimos la victoria. Ese día supe que estaba destinado a algo más grande que yo mismo.

  La primera vez que supe que no era un ser humano corriente, lo recuerdo bien, fue cuando ETA voló mi coche conmigo dentro. Salí de allí, envuelto en llamas, y pensé: ¿cómo es posible que haya sobrevivido? Nadie se lo explicaba. Los médicos no encontraban una respuesta, tampoco mi personal de seguridad. A todo el mundo le pareció… Milagroso. Esa noche soñé con Dios. Era una luz, no tenía rostro, pero sí voz. Me iluminó con su haz y me dijo: “Jose Mari, si te he salvado es porque te necesito vivo para que lideres a la humanidad”. Me dijo un par de cosas más, pero son personales. Aquella experiencia me cambió, por supuesto. Desde entonces soy mucho más humilde.

  Me atrevo a decir que George es mi mejor amigo. Compartimos una ambiciosa visión del mundo, la visión de los líderes de la humanidad. George me planteó un reto fascinante, que consistía en convencer a todo un país de que nosotros teníamos razón mientras les matábamos. Nunca antes se había intentado algo tan ambicioso, así que acepté inmediatamente. Fue una gran experiencia de la que guardo muchos buenos amigos.

  Creo que un hombre debe cuidarse con independencia de su edad. A todos nos gusta sentirnos sexys, también a mí. Empecé corriendo cinco kilómetros al día; hoy corro veinte y no sudo. Claro que nunca he sudado. Mi médico dice que es un trastorno glandular, pero yo lo llamo don.”

   Como observades, este home pode rematar escribindo sonetos e recitando poemas de amor e paz. Segundo comenta no seu libro que veu a Deus en soños; por iso na actualidade cada día é moito máis humilde e pode ser o elixido para volver a  liderar á humanidade. O que me “mosquea” un pouco son esas cousas persoais que lle contou Deus, puidera ser que lle dixera algo relacionado quen tiña que ser o seu herdeiro para seguir esfolando este país.

 ¿Como pode ser un home tan “culto” que non súa e ao dicir : “nosotros teníamos razón mientras les matábamos” presidente de España?. É algo  que moitos sociólogos e psiquiatras non logran comprender.

 Daqueles pos veñen estas lamas de agora, pasando un intermedio de goberno cos Socialdemócratas Liberais ao mando de Zapatero que de principio intentou corrixir a desfeita de Aznar, non lle deixaron, chegando a facer a mesma política que os neoliberais salvaxes, con unha ou outra reforma progresista que non repercutía en nada ao poder financeiro. Porén, temos que dicir en honor á verdade que aguantou a Caixa das Pensións, incrementado 2 mil millóns máis dos 65 mil millóns que había. Ao final rematou cubríndose de gloria  de carallo, trocando o artigo 135 da Constitución co apoio do PP, con nocturnidade e aleivosía, primando o rescate da banca antepoñendo os intereses da maioría da xente do común deste país e implantando unha reforma laboral inquisidora

  Chegou o elixido, o herdeiro de Aznar prometendo que non tomaría medidas de rescate, os impostos non subirían e non habería máis reforma laboral. A cousa trocou cando subiu ao poder fai catro anos, quixo facer bo ao seu mentor superando as maldades que fixera. Quixo ser pintor e superouno: encheu este pais de pintura de moitos cores acotío, esbandallando de podremia corrupta de parte a parte do país como unha mafia en conexión con paraísos fiscais (Panamá, Suiza, Andorra, Luxemburgo).
 

Deulle carta branca aos empresarios (reforma laboral)  para facer os escravos que queiran, saqueou a caixa das pensións, grandes recortes na Sanidade Pública e entregándoa a sanidade privada e outro tanto no ensino público, quixo taparnos a boca cunha ley ao estilo de Paca la Culona chamada a Lei Mordaza.............. Non podo enumerar todas as falcatruadas que fixo estes catro anos de goberno e un en funcións deste chafallas, por que faría falla unha morea de folios para contar todo o que pintou neste país coa brocha gorda da impunidade.

  Agora volveu outra vez ao goberno (para desastre deste país) por unha maioría minoritaria apoiado  por un partido que se di de esquerdas PSOE e un partido de cuñados falangitos en versión moderna. Unha coalición deste trío esperpéntico que detrás do bufo, o grotesco, absurdo e o cómico, sempre acontece en cada comisión parlamentaria unha situación dramática para a maioría do pobo, onde todos os elementos deste esperpento serven para ensinarnos toda a vida miserable deste país.

  Este Sr. dos “hilillos”, segue no seu posto facendo o mesmo que fixo anteriormente co visto bo do PSOE e Ciudadanos: seguen co control total dos medios de comunicación (xornais, radio e televisión) vertendo subcultura, manipulacións, terxiversacións e mentiras. Xornalistas e tertulianos ben pagados, unha lei “mordaza” ao estilo de Paca la Culona. Sindicatos sobornados, o clero facendo o que quere, a casa real apoiandos e vivindo á costa do pobo, empresarios con carta branca para facer os escravos que queiran, aforados a moreas, policía e exército controlado, enquisas falsas, e por último: unha chea de millóns de cidadáns “gilipollas” que lles cremos as súas mentiras. “España es  la deformación grotesca de la civilización europea” (Valle-Inclán, Luces de Bohemia).

Opinión editada en Galicia Dixital




domingo, 13 de novembro de 2016

Candidatos de moi baixa ralea









Desde o Preguntoiro

Candidatos de moi baixa ralea


Teo Cardalda F.
    Que negra sombra nos agarda neste novo século que nos tocou vivir, cando temos nalgúns gobernos de Occidente uns gobernantes dunha mediocridade manifesta con uns intereses definidos marcados pola batuta que dirixen as grandes corporacións e as grandes finanzas.
Agora sae elixido un presidente de EEUU chamado Donald Trump que está para atar. Que optimismo podemos ter o ser humano ante este elemento do Imperio, cando fai propostas e declaracións xenófobas, islamófobas, misóxinas e parte do mundo xa o considera un fascista de coidado.

    Porén, o partido Demócrata presentou a unha muller: a Sra. Clinton. Ah, claro, nin Obama nin Hillary falan con mensaxes xenófobos, homófobos ou sexistas, eles sempre moi pulcros na linguaxe, pero si que os veñen aplicando e apoiando tanto desde que gobernan.
Obama non cumpriu nada do que prometeu: arrasou Libia e cando provocaron o magnicidio do presidente Gaddafi ( asasinato que a Hillary estourou en gargalladas ). Financiou a grupos terroristas como Daesh (Estado Islámico) e o fronte Al Nusra para roubar o petróleo de Irak e Siria, provocando unha guerra incruenta que xa leva máis de cinco anos e 200.000 mil mortos, apoiou os golpes de estado en Honduras, Paraguai, e intentou facer o mesmo en Ecuador, declarou a Venezuela como “unha ameaza inusual e extraordinaria para xustificar en calquera intre un ataque e así poder acadar a maior reserva de petróleo do mundo e promoveu a destitución de Dilma Rousseff en Brasil.

   
Non me alegra que gañara este multimillonario cos seus insultos a toda a comunidade hispana. Pero alégrome que perdera a fundadora dos grupos terroristas do Estado Islámico, que burlouse do asasinato de Gaddafi e toda a masacre que deixou en Libia. O mundo enteiro rexeita a este Trump e falan que é un “fascista”. ¿Pero non foi esa a política de EE.UU. nos últimos 200 anos?. Política de terra queimada en moitos de países.

   O máis triste de todo que os estadounidenses tiveran que elixir entre un fascista e unha belicista de coidado, candidatos de moi baixa ralea. Máis triste é, que o destino dese país estea nas mans de xente tan cavernícola. O peor de todo isto é, que moitos dos nosos gobernantes de Europa seguen a eses directores de orquestra aínda que desafine.

Porén, moita xente do Estado Español non chega a comprender o triunfo de Trump e como chegou a presidente de EE.UU; terían que lembrar aquilo de: “...Luís se fuerte...”, o do PP nos tribunais, o disco duro esnaquizado, a sede do PP rexistrada pola policía, Gürtel, Suiza, Panamá, Valencia encharcada como unha esterqueira de corrupción mafiosa, etc. etc. desta maneira tampouco entenderían como é posible que Rajoy volva á Moncloa, e para máis inri, apoiado polo partido que se di de esquerdas. Se ollamos punto por punto as políticas reais aplicadas neste “Reino de España” coas que propón Trump, seguro que imos levar algunha que outra sorpresa. De primeiro “alguén” cargouse a Sanidade Universal, aplicando políticas en favor das privatizacións dos servizos básicos esenciais, suma e segue.
    Xa fai anos que a parella neoliberal de Reegan e a Thacher xa ían preparando o século XXI Cambalache; herdando hoxe toda esta desfeita que estamos padecendo do ultraneolibaralismo salvaxe que non nos vai levar a ningures, soamente a unha destrución apocalíptica se non aparece un milagre.
    Luís Eduardo Aute fai uns anos lembrábanos: aquel poema: “...Siglo XXI Cambalache y febril....anunció Santos Discépolo, un poeta del 2000 y profeta en aquel tango que cantó a la corrupción......para entonces no serán lo mismo un sabio que un traidor; el más judas será el que se suba al podio del honor. La mentira será ley y el simulacro institución, el cohecho por derecho y por la santa comisión........el chorizo irá embutido en su Mercedes oficial y el trilero montará su atril en la Trilateral....". Por desgracia xa estamos padecendo todo o que o poema nos di, se o analizamos , ollamos como xa en este país está acontecendo a marchas forzadas, onde a mentira xa é lei.
    ¿Será isto o que no futuro lle agarda ao ser humano neste pequeno mundo?. No momento en que perdemos tódolos valores que nos diferencian das demais especies que conviven connosco neste planeta, nese intre rematamos como seres humanos, se antes non rematamos con este mundo chamado Terra.




martes, 1 de novembro de 2016

FERMÍN BOUZA ÁLVAREZ- ONDAS DO MAR DE AROUSA



FERMÍN BOUZA ÁLVAREZ 

ONDAS DO MAR DE AROUSA, VILAXOÁN DE AROUSA, 1998

Teo Cardalda F.


O sábado día 29 de outubro faleceu o sociólogo, escritor e poeta Fermín Bouza Álvarez, fillo do intelectual poeta e etnógrafo Fermín Bouza-Brey. Tamén era curmán de Gonzalo Bouza-Brey.
Fermín Bouza era catedrático na universidade Complutense de Madrid naceu en Santiago de Compostela en 1946, marchou para Madrid na que viviu dende que en 1969 chegou fuxindo da represión da polícia franquista, despois daquel axitado maio do 68. Na Cumplutense deixou unha fonda pegada entre os estudantes.
Fermín, foi daqueles poetas que viñeron a Vilaxoán de Arousa (Fogar do Pescador) non día de As Letras Galegas en maio de 1998. Eran tempos que aínda funcionaba o altruísmo, Fermín achegouse a Vilaxoán dende Madrid pola súa conta e pecunio, como moitos dos poetas. Foi aquel un acto de impresionante repercusión en Galicia polo número de expectadores que petaban o local ata a bandeira e polos grandes poetas de Galicia: Alfonso Álvarez Cáccamo, Xosé María Álvarez Cáccamo, Xurxo Alonso, FERMÍN BOUZA ÁLVAREZ, Gonzalo Bouza-Brey, Ramón Caride Ogando, Ramiro Fonte, Salvador García Bodaño, Bernardino Graña, Xulio López Valcárcel, Manuel María, Uxío Novoneyra, Anxo Pastor, Daniel Pino Vicente, Xesús Rábade Paredes, Xavier Rodríguez Baixeras, Domingo Tabuyo, Helena Villar Janeiro e Rafael Villar.
Importante tamén foi que a Directiva do Fogar do Pescador trouxera á TVS e quedou constancia en video desta grande festa cultural de Galicia. Tamén editárase un libro con todos os poemas que se recitaron no acto, sendo o limiar de Francisco Fernández del Riego coa ilustración do pintor vilagarcián Xurxo Alonso. Editado polo Fogar do Pescador sendo a presidenta Carmen Mariño e Delegado de Cultura Teo Cardalda e o Director da publicación Gonzalo Bouza- Brey. 
Dende Vilaxoán de Arousa vai esta homenaxe  a este grande: poeta e  galeguista como foi Fermín Bouza. Que a terra lle sexa leve.



Video dese día recitando Fermín Bouza Álvarez


Entrevista de Carlos Crespo do Faro de Vigo a Fermín Bouza para ese día das Letras Galegas







Entrevista aos poetas que recitaron no Fogar do Pescador

==================================================






Foto ceando no Abuelo Ramiro en Vilaxoán despois do recital. De esquerda a dereita: Helena Villar, Gonzalo Bouza-Brey, Manuel María, Salecta a dona de Manuel María, Xesús Rábade e FERMÍN BOUZA ÁLVAREZ. (Foto de Helena Villar).

==========================================================

Libro "O Cancioneiro e o Mar"









sábado, 22 de outubro de 2016

Recopilación das citas patéticas dos gobernantes do PP na época do PRESTIGE.

CITAS PARA NON PERDER A MEMORIA

Recopilación das citas patéticas dos gobernantes do PP na época do PRESTIGE.
Teo Cardalda.

Unha exposición de canto dixeron todos os responsables políticos do PP cando o do PRESTIGE, co gobernó de Aznar. Escandaloso o que dicía o actual Director da garda Civil A. Fernández Mesa  e o Sr. Mariano Rajoy , todo moi  patético e surrealista. E o Sr. Rajoy co tempo, tivo como premio ser o Presidente do Estado Español. Unha vergoña deste esperpéntico país. 
==========================
Cuando el tiempo pase vamos a tener una visión más equilibrada. En lo esencial, las cosas no se han hecho mal”. ( Pilar del Castillo. Ministra de Educación.)

“Probablemente el fuel no toque la costa gallega” (Arsenio Fernández de Mesa. Delegado del Gobierno. 14 de Noviembre). Soamente tocou a costa de Pakistan

“Con el Prestige a 60 millas el riesgo no es alto”. (Enrique López Veiga. Consejero de Pesca de la Xunta de Galicia. 15 de Noviembre)

"Todo el fuel que tenía que llegar a la costa ya ha llegado”.(López Veiga. Consejero de Pesca de la Xunta de Galicia. 17 de Noviembre)

“No se puede hablar de marea negra; son manchas negras y dispersas” (López Sors. Director General de la Marina Mercante. 17 de Noviembre.

“La Xunta va a dar a las 4.000 familias afectadas el turrón y si luego puede venir el mazapán por parte del gobierno central y de la UE, mejor” (Enrique l. Veiga, Consejero de pesca de la Xunta de Galicia. 17 de Noviembre).

“El petrolero pudo perder entre 3.000 y 4.000 toneladas de fuel”. (Arsenio Fernández de Mesa. Delegado del Gobierno en Galicia.19 de Noviembre)

“El destino del fuel en el fondo del mar es convertirse en adoquín” (Arsenio Fdez. de Mesa, Delegado del Gobierno en Galicia. 19 de Noviembre). O único adoquín que hai é o da súa cachola.




“Pensamos en bombardear el Prestige para hundirlo o hacer arder el fuel”. ( Federico Trillo. Ministro de Defensa. 20 de Noviembre). Estes neocons soamente pensan e soñan con bombardeos. Anos despois o Aznar co sonado Trio de la Azores con mentiras mataron con bombardeos a un millón de seres humanos.

“Hay una cifra clara, y es que la cantidad que se ha vertido no se sabe” (Arsenio Fdez. de Mesa, Delegado del Gobierno en Galicia. 21 de Noviembre).

“El gobierno ha actuado con diligencia. Nosotros hemos seguido esto desde el primer momento, no hay que olvidar que el Director General de Costas está aquí desde el sábado”. (Jaume Matas. Ministro de Medio Ambiente. 21 de Noviembre).

“Fraga no ha salido de Galicia” ( Enrique l. Veiga, Consejero de pesca, 21 de Noviembre ). E estivo cazando.

“La marea no va a llegar a las Rías Bajas” ( Mariano Rajoy. 21 de Noviembre). Rematou sendo Presidente .

“Estoy donde tengo que estar. Dios y Santiago nos van a ayudar” (Manuel Fraga. Presidente de la Xunta de Galicia. 22 de Noviembre). Pois de tanto axudarnos o Santiago Matamoros, o Sr. Ministro actual de Interior tiña que poñerlle un medalla.

“No he ido a Galicia porque ya han estado varios ministros” ( José María Aznar. Presidente del Gobierno. 22 de Noviembre)
“Afecta a una parte importante de La Coruña, pero no es una marea negra”. (Mariano Rajoy.23 de Noviembre). Foi una marea branca.


“A una profundidad de 3.500 m. y a dos grados de temperatura, el fuel estaría en un estado sólido, por lo que, en principio, el combustible no se verterá” (Mariano Rajoy. 24 de Noviembre). Non vertiu, soamente foron uns pequenos "hilillos"

Lo de mi cacería es una patraña” ( Manuel Fraga. Presidente de la Xunta de Galicia. 24 de Noviembre)

“Fraga estuvo todo el fín de semana trabajando coordinadamente con el Gobierno”.( Arias Cañete. Ministro de Agricultura y Pesca. 25 de Noviembre)

“A toro pasado todos acertamos por qué lado se tira el penalti “. (Francisco Álvarez-Cascos, Ministro de Fomento. 26 de Noviembre)

“El vertido afecta a una extensión muy importante, pero no es una marea negra “. (Arias Cañete. Ministro de Agricultura y Pesca. 26 de Noviembre)

“Si no hubiéramos alejado el buque mar adentro, la mancha ya estaría en la costa” (Enrique López Veiga. Consejero de Pesca de la Xunta de Galicia. 26 de Noviembre).

“Si alguien habla de descoordinación, que lo demuestre, y, si alguien es capaz de demostrar que es mejor que un petrolero que se está partiendo entre en un puerto antes que ser sacado, que también diga que estaría dispuesto a asumir esa responsabilidad. Nosotros no lo vamos a hacer y vamos a contribuir a que el daño a las familias y el daño al medio ambiente sea el menor posible. Lo que no vamos a hacer, Señoría, y ya se lo digo, es ir a Galicia a hacernos fotografías, a no resolver nada y a mercadear” (José María Aznar. Presidente del Gobierno. 27 de Noviembre).

“Sobre el dato cierto de la intervención desde el primer momento del remolcador Ría de Vigo se presupone gratuitamente y sin prueba alguna que lo demuestre que la única motivación de su tripulación era conseguir el premio económico por el salvamento de la carga y el buque siniestrado. Sin embargo, éste y los demás buques al servicio de Salvamento Marítimo realizan sus misiones cumpliendo las órdenes que reciben de sus centros coordinadores. Las tripulaciones de estos buques han demostrado a lo largo de los años su entrega y espíritu de servicio en el desempeño de su trabajo. La multitud de emergencias resueltas demuestran que su profesionalidad está fuera de toda duda”. (Nota de Prensa Ministerio de Fomento.27 de Noviembre)

“El fuel no debe llegar a la costa pero se han tomado todas las medidas posibles”. (Mariano Rajoy. 28 de Noviembre). Non, soamente chegou á casa de Cuspedriños de Abaixo

“Parece ser que se trata de una variante de fuel que tiene algunas complicaciones”. (Fraga. 28 de Noviembre)

“Yo le quiero decir a usted que soy muy consciente y todo el mundo es consciente de que la capacidad de crear alarma es ilimitada. Se pueden crear todas las alarmas que se quieran e, incluso, por qué no voy a decirlo, en algunas ocasiones se hace y, además, se hace conscientemente de que se está creando alarma, y probablemente, además, no existen elementos de contratación ( ¿ contrastación ? )de algunas informaciones que se están dando desde un punto de vista real, desde un punto de vista fundamentado” (José María Aznar. Presidente del Gobierno. Desde Roma, 28 de Noviembre). Non foi alarma, soamente foi un "paseillo" de relajo e calma. Cínico.

“Una marea negra es una marea negra”. (López Veiga. Consejero de Pesca de la Xunta de Galicia. 29 de Noviembre)

“Yo no iré a Galicia para hacerme fotografías, sino con soluciones bajo el brazo y con compromisos, que es mi trabajo… considero exagerado y fuera de lugar hacer al Gobierno responsable de la catástrofe y creo que quienes lo hacen cometen una torpeza y un grave error, incluso para su propio futuro…Actuar de esa forma es usar el dolor ajeno como mercancía política y tener una visión política bastante estrecha.. Hay gente que está mucho más preocupada en el aprovechamiento propio del dolor ajeno y de una catástrofe que de manifestar su solidaridad” (José María Aznar. Presidente del Gobierno. Desde Corfú.1 de Diciembre)

“Yo pertenezco a un Gobierno y a un partido que no han organizado ningún grupo para secuestrar ciudadanos, para pegar tiros en la nuca y enterrar en cal viva… Zapatero y Polanco han puesto a los redactores de la Cadena SER a indagar sobre los hoteles en los que los miembros del Gobierno se alojan los fines de semana”. (Álvarez Cascos. Ministro de Fomento. 2 de Diciembre). Aquí temos a un ministro daquela época falando da Cal Viva. ¿Que carallo falan agora poñendo como un estropallo a Pablo Iglesias?. Son uns desalmados e cínicos.

“Tengo la impresión de que mientras muchísimas personas han hecho lo que ha estado en su mano, lo único que hemos recibido del PSOE es una critica brutal… No he visto ni un grado de patriotismo, sólo oleadas de críticas, peticiones de dimisión y una actitud irresponsable… Ninguna oposición ha actuado así en situaciones similares”. (Mariano Rajoy. 4 de Diciembre). Tes máis cara que un zapato vello

“En estos momentos, la estructura se encuentra deformada. Hay planchas dobladas hacia adentro. Se piensa que el fuel está aún enfriándose, salen unos pequeños hilitos, los que se han visto, hay en concreto cuatro regueros que se han solidificado con aspectos de plastilina en estiramiento vertical. Debe salir de alguna de las grietas. Están los técnicos estudiando que significa eso”. (Mariano Rajoy. 5 de Diciembre). O Sr. Rajoy moito debeu xogar na escola coa plastilina

“Hay un fluido en la zona de proa que es difícil de cuantificar“(Mariano Rajoy. 6 de Diciembre)

“La popa está mejor que la proa. Sólo tiene un par de pequeñas grietas” (Mariano Rajoy. 7 de Diciembre). Jajajaja, e este chegou a a presidente, ten collóns a cousa

“Lo del Prestige es para España lo que para otros países es Chernóbil (…), esto es nuestro Chernóbil particular “. (Álvarez Cascos. Ministro de Fomento. Desde Bruselas. 7 de Diciembre)

“Se tomó la decisión menos mala, aunque la menos mala fue más mala de lo que estaba previsto…” (Manuel Fraga. Presidente de la Xunta de Galicia. 8 de Diciembre)

“Estuve de cacería cuatro horas y me volví sin comer” (Manuel Fraga.Presidente de la Xunta de Galicia. 8 de Diciembre 2002)

“En total, el Prestige pierde unas 125 toneladas al día por sus 14 grietas “(Mariano Rajoy. 9 de Diciembre)

“Es posible que hayamos llegado tarde a determinadas situaciones, pero lo hemos intentado corregir inmediatamente; es posible que hayamos tomado alguna decisión equivocada pero, si nos hemos percatado de ello, enseguida hemos intentado corregirla y la hemos corregido; es posible que en una playa determinada un día hayan faltado algunos medios, pero al día siguiente tenían los medios necesarios. Es decir, es posible que hayamos cometido equivocaciones, pero créame que hemos hecho todo el esfuerzo humanamente posible para afrontar una tragedia y una catástrofe que nunca habíamos conocido prácticamente en la vida de nuestro país y para la cual, naturalmente, ningún país está preparado, ni tiene todos los medios preparados” (José María Aznar. 9 de Diciembre 2002.

“Estimo que el armador del Ría de Vigo pudo incurrir en claro incumplimiento contractual, razón por la cual la Abogacía del Estado en A Coruña tiene el encargo de emprender las acciones jurídicas que procedan”. (Álvarez Cascos. En el Congreso de los Diputados.10 de Diciembre)

“La noticia de mi cacería responde a una estrategia del señor Polanco y el señor Zapatero”. ( Álvarez Cascos.12 de Diciembre )

“Nunca como estos días me he sentido tan cercano a Galicia, a sus sentimientos y preocupaciones. Y los que me conocen saben que yo siempre la he sentido muy cerca”. ( José María Aznar. Presidente del Gobierno.14 de Diciembre ). Puto trampón e xenocida coas armas de destrución masiva

“Cuando el tiempo pase vamos a tener una visión más equilibrada. En lo esencial, las cosas no se han hecho mal”. ( Pilar del Castillo. Ministra de Educación. 14 de Diciembre)

“La organización estuvo a la altura de las circunstancias y la capacidad de respuesta ha sido óptima… Ni he sido relevado de ningún mando ni se me ha entregado ningún mando… Si usted quiere decir que no éramos profetas para saber que el Prestige iba a reventar frente a las costas gallegas, tiene toda la razón. Si la responsabilidad política hay que asumirla por no ser profeta, yo la ofrezco en este momento”. (Álvarez Cascos. 15 de Diciembre)

“Está muy bien decir que yo habría consultado a las universidades o los expertos, pero cuando hay que decidir, simplemente hay que hacerlo, y yo estoy convencido de que la decisión fue la correcta. La hago mía con todas las consecuencias” ( Aznar. En el Congreso de los Diputados. 17 de Diciembre). Consultaron aos expertos da Universidade, non sería aos catedáticos de Filosofía, pois aos Prácticos de Galicia non se consultaron. Que mediocre de presidente tivemos, porén, gánalle en mediocridade o que temos agora un tal Marianín.


“Una primera impresión de la situación allí, después de haber sobrevolado la zona, es bastante positiva, ya que puedo decir que no hay playas manchadas de chapapote. Esto dice mucho del buen trabajo que se ha esto haciendo hasta ahora y empieza a crear una esperanza para el futuro; las playas estaban limpias y esplendorosas, la visión era magnífica… A Galicia le quedan algunas semanas de limpieza en algunas zonas, pero en las rías no ha entrado el chapapote. El marisco está allí extraordinario. No es el Apocalipsis que se nos ha descrito durante estos días… Para ver los Informativos Telecinco hay que ser masoquista.” ( Federico Trillo. Ministro de Defensa. 24 de Diciembre. ). Nas Rías non entrou o chapapote, o marisco extraordinario, será cabrón este tío.  Os deuses nos amparen con toda esta bosta de cortello onde algúns deles síguenos gobernando. Mala chispa os coma putañeiros desalmados.

luns, 10 de outubro de 2016



RIBEIRAS DE SALITRE

PORTO DE VILAXOÁN DE AROUSA

Programa da TVG rodado en agosto e emitido o día 25 de setembro de 2016. Entrevistas a xente relacionada co mar de Arousa.

Dirixido por Xosé Henrique Rivadulla Corcón








luns, 12 de setembro de 2016


Desde o Preguntoiro:

 Roubo e Negocio das Pensións

Teo Cardalda F.
    
   Desde que chegou este Goberno ao poder en decembro de 2011, o PP foi votando man do peto de pensións en unha morea de ocasións, a última no pasado mes de xullo que retirou 8.700 millóns de euros. A este ritmo de gasto, uns 12 mil millóns ao ano, só quedan non fondo 25 mil millóns de euros onde  o peto pode quedar esgotado en 2019.

     
  Este Fondo de Reserva de pensións garantida polos pactos de Toledo, que fora aprobado polo pleno do Congreso dos Deputados o seis de abril de 1995, onde non se podía retirar diñeiro, estaba ao ano 2010 en preto de setenta mil millóns de euros, agora o temos 25 mil millóns tres anos despois, ou sexa, saquearon máis dun 60%
    
  Desta maneira, estes saqueadores gobernan e levan o diñeiro aforrado de todos os españois para os seus “amiguetes” do rescate á banca (Bankia, Caixas) e grandes empresarios corruptos, favorecendo á banca coas pensións privadas. Dentro de pouco nin teremos sanidade, ensino nin pensións, están liquidando todo en honra a súa ideoloxía neoliberal. A todo isto engadimos a “rifa” dos medicamentos (segundo a clase médica son os máis caros dos países do noso entorno) e aos “jubiletas” xa nos están poñendo a tarxeta “roxa”... en forma de “necrolóxica”.

    
  Neste país do esperpento o que non se indigna é que non sabe o que está a pasar, culpa dos grandes medios que pasan as 24 horas día tras día traballando como tolos para o IBEX35, controlando á “peña”e que sigan sen coñecer o grave do que está acontecendo. Se a maioría da “peña” o soubera todo, se soubera tamén que hai alternativas a este salvaxe neoliberalismo e tantos escándalos, coido que teriamos quizais una revolta xeneral, aínda que moitos pensionistas deste país masoquista seguirían aplaudindo ata coas orellas a estes lampantíns.
    
  A mensaxe está moi clara, pensan morrer matando, ou sexa vendendo este país ás multinacionais, baldeirando as petos do aforro de 20 anos dos españois. Mentres este goberno fai subir o déficit como un globo de helio, eles falan cunha cara dura como o cemento coa canción de tódolos días para ilusos: España crece máis que ninguén. A economía está despegando (desde o aeroporto de Castellón). Xa saímos da crise (estafa) e xa é historia... Temos que saber ata onde condenáronnos este feixe de desalmados escachapiollos ao mando do Sr. dos “hilillos”. ¿Que cousas tan malas fixemos nós para merecer tantas falcatruadas?.