Candidatos de moi baixa ralea
Teo Cardalda F.
Que
negra sombra nos agarda neste novo século que nos tocou vivir, cando
temos nalgúns gobernos de Occidente uns gobernantes dunha
mediocridade manifesta con uns intereses definidos marcados pola
batuta que dirixen as grandes corporacións e as grandes finanzas.
Agora
sae elixido un presidente de EEUU chamado Donald Trump que está para
atar. Que optimismo podemos ter o ser humano ante este elemento do
Imperio, cando fai propostas e declaracións xenófobas, islamófobas,
misóxinas e parte do mundo xa o considera un fascista de coidado.
Porén,
o partido Demócrata presentou a unha muller: a Sra. Clinton. Ah,
claro, nin Obama nin Hillary falan con mensaxes xenófobos,
homófobos ou sexistas, eles sempre moi pulcros na linguaxe, pero si
que os veñen aplicando e apoiando tanto desde que gobernan.
Obama
non cumpriu nada do que prometeu: arrasou Libia e cando provocaron o
magnicidio do presidente Gaddafi ( asasinato que a Hillary estourou
en gargalladas ). Financiou a grupos terroristas como Daesh (Estado
Islámico) e o fronte Al Nusra para roubar o petróleo de Irak e
Siria, provocando unha guerra incruenta que xa leva máis de cinco
anos e 200.000 mil mortos, apoiou os golpes de estado en Honduras,
Paraguai, e intentou facer o mesmo en Ecuador, declarou a Venezuela
como “unha ameaza inusual e extraordinaria para xustificar en
calquera intre un ataque e así poder acadar a maior reserva de
petróleo do mundo e promoveu a destitución de Dilma Rousseff en
Brasil.
Non me alegra que gañara este multimillonario cos seus insultos a toda a comunidade hispana. Pero alégrome que perdera a fundadora dos grupos terroristas do Estado Islámico, que burlouse do asasinato de Gaddafi e toda a masacre que deixou en Libia. O mundo enteiro rexeita a este Trump e falan que é un “fascista”. ¿Pero non foi esa a política de EE.UU. nos últimos 200 anos?. Política de terra queimada en moitos de países.
O máis
triste de todo que os estadounidenses tiveran que elixir entre un
fascista e unha belicista de coidado, candidatos de moi baixa ralea.
Máis triste é, que o destino dese país estea nas mans de xente tan
cavernícola. O peor de todo isto é, que moitos dos nosos
gobernantes de Europa seguen a eses directores de orquestra aínda
que desafine.
Porén,
moita xente do Estado Español non chega a comprender o triunfo de
Trump e como chegou a presidente de EE.UU; terían que lembrar aquilo
de: “...Luís se fuerte...”, o do PP nos tribunais, o disco duro
esnaquizado, a sede do PP rexistrada pola policía, Gürtel, Suiza,
Panamá, Valencia encharcada como unha esterqueira de corrupción
mafiosa, etc. etc. desta maneira tampouco entenderían como é
posible que Rajoy volva á Moncloa, e para máis inri, apoiado polo
partido que se di de esquerdas. Se ollamos punto por punto as
políticas reais aplicadas neste “Reino de España” coas que
propón Trump, seguro que imos levar algunha que outra sorpresa. De
primeiro “alguén” cargouse a Sanidade Universal, aplicando
políticas en favor das privatizacións dos servizos básicos
esenciais, suma e segue.
Xa fai
anos que a parella neoliberal de Reegan e a Thacher xa ían
preparando o século XXI Cambalache; herdando hoxe toda esta
desfeita que estamos padecendo do ultraneolibaralismo salvaxe que non
nos vai levar a ningures, soamente a unha destrución apocalíptica
se non aparece un milagre.
Luís
Eduardo Aute fai uns anos lembrábanos: aquel poema: “...Siglo XXI
Cambalache y febril....anunció Santos Discépolo, un poeta del 2000
y profeta en aquel tango que cantó a la corrupción......para
entonces no serán lo mismo un sabio que un traidor; el más judas
será el que se suba al podio del honor. La mentira será ley y el
simulacro institución, el cohecho por derecho y por la santa
comisión........el chorizo irá embutido en su Mercedes oficial y el
trilero montará su atril en la Trilateral....". Por desgracia
xa estamos padecendo todo o que o poema nos di, se o analizamos ,
ollamos como xa en este país está acontecendo a marchas forzadas,
onde a mentira xa é lei.
¿Será
isto o que no futuro lle agarda ao ser humano neste pequeno mundo?.
No momento en que perdemos tódolos valores que nos diferencian das
demais especies que conviven connosco neste planeta, nese intre
rematamos como seres humanos, se antes non rematamos con este mundo
chamado Terra.