Desde o Preguntoiro
¿Gañou Pedro Sánchez?
Gañou
Pedro Sánchez as primarias con máis do 50% dos votos militantes. Moitos
socialistas cóntanme de que con Pedro significa un raio de esperanza para a
esquerda, que o partido estaba secuestrado polos “dinosauros e trepas
sociolistos” e por unha minoría dominante durante moito tempo.
Pedro ten a lexitimidade para limpar o seu partido de eses “trepas”.
Pregúntome: ¿será capaz de facelo?. Teño moitas dúbidas sobre isto cando fala
de que no partido non sobra ninguén, iso non é certo, sobran todos aqueles que
levaron desde fai moitos anos (bipartidismo) ao partido a onde atópase agora,
aos pés dos cabalos e inclusive a unha escisión. Posiblemente teña que volver a
darlle a man a Patxi López el “falsete” e do que coñecemos a súa posición ante
as forzas do cambio e rexeneración do partido.
Por iso xa veremos.........se o deixan, de
momento o xornal El País na súa editorial xa fala de que o peor que puido
acontecer contra a unidade do PSOE é que Pedro houbera gañado. Equiparan a
Trump e a Pedro, falan da razón con argumentos que achéganse a “La Razón”. É
unha mágoa no que está quedando este xornal, asemella a un panfleto
humorístico.
Porén, non me fío moito, pode acontecer
aquilo de: imos cambiar algo para non trocar nada, se quere rexenerar non pode
repudiar, (como xa o viña facendo nos últimos días de
campaña) e terá que respectar a cinco millóns de cidadáns que
apoiaron a Podemos. Non é santo da miña devoción Pablo Iglesias pero tampouco
se pode ignorar á terceira forza política deste país, onde eses millóns de votantes
o fixeron con boa fe para intentar botar esa banda mafiosa do PP e o seu goberno corrupto. O domingo día 21 de maio no seu discurso ante a militancia, seguiu polos mesmos
parámetros de fai uns días.
Non me fío case nada de Sánchez. Certo que
me convenceu naquel programa de Jordi Évole contándonos que recibira fortes
presións das forzas bunkerianas, inclusive dándonos algún que outro nome. Terá
que demostrar que ese bunker (Ibex35, Banca e as finanzas) ninguén os votou que
el saíu Secretario cos votos da militancia e que a democracia require do
progresismo, van parellos. Agora mesmo o PSOE na súa cúpula é neoliberal; se
Pedro volve á aliarse con ese partido de riveritas, o outro PP, ese de
aspirantes a corruptos, só demostrará que son uns neoliberais máis e que non
podemos contar con eles nin para ir a misa.
Aínda bo é que nos queda
Portugal.
Teo Cardalda F.
Ningún comentario:
Publicar un comentario