Amosando publicacións coa etiqueta psoe. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta psoe. Amosar todas as publicacións

venres, 26 de maio de 2017








Unha pequena parte do video de TVE de 1980 sobre a moción de censura que levara a cabo o PSOE,
a sabendas que non ía a prosperar.
Pódese ollar o talante do Presidente Adolfo Suárez en 1980 facéndose autocrítica, Cousa que o que temos hoxe como Presidente é de un talante ditatorial e covarde. 

luns, 22 de maio de 2017





Desde o Preguntoiro

¿Gañou Pedro Sánchez?

     Gañou Pedro Sánchez as primarias con máis do 50% dos votos militantes. Moitos socialistas cóntanme de que con Pedro significa un raio de esperanza para a esquerda, que o partido estaba secuestrado polos “dinosauros e trepas sociolistos” e por unha minoría dominante durante moito tempo.
   Pedro ten a lexitimidade para limpar o seu partido de eses “trepas”. Pregúntome: ¿será capaz de facelo?. Teño moitas dúbidas sobre isto cando fala de que no partido non sobra ninguén, iso non é certo, sobran todos aqueles que levaron desde fai moitos anos (bipartidismo) ao partido a onde atópase agora, aos pés dos cabalos e inclusive a unha escisión. Posiblemente teña que volver a darlle a man a Patxi López el “falsete” e do que coñecemos a súa posición ante as forzas do cambio e rexeneración do partido.
    Por iso xa veremos.........se o deixan, de momento o xornal El País na súa editorial xa fala de que o peor que puido acontecer contra a unidade do PSOE é que Pedro houbera gañado. Equiparan a Trump e a Pedro, falan da razón con argumentos que achéganse a “La Razón”. É unha mágoa no que está quedando este xornal, asemella a un panfleto humorístico.
    Porén, non me fío moito, pode acontecer aquilo de: imos cambiar algo para non trocar nada, se quere rexenerar non pode repudiar, (como xa o viña facendo nos últimos días de campaña) e terá que respectar  a  cinco millóns de cidadáns que apoiaron a Podemos. Non é santo da miña devoción Pablo Iglesias pero tampouco se pode ignorar á terceira forza política deste país, onde eses millóns de votantes o fixeron con boa fe para intentar botar esa banda mafiosa do PP e o seu goberno corrupto. O domingo día 21 de maio  no seu discurso ante a militancia, seguiu polos mesmos parámetros de fai uns días.


    Non me fío case nada de Sánchez. Certo que me convenceu naquel programa de Jordi Évole contándonos que recibira fortes presións das forzas bunkerianas, inclusive dándonos algún que outro nome. Terá que demostrar que ese bunker (Ibex35, Banca e as finanzas) ninguén os votou que el saíu Secretario cos votos da militancia e que a democracia require do progresismo, van parellos. Agora mesmo o PSOE na súa cúpula é neoliberal; se Pedro volve á aliarse con ese partido de riveritas, o outro PP, ese de aspirantes a corruptos, só demostrará que son uns neoliberais máis e que non podemos contar con eles nin para ir a misa.
Aínda bo é que nos queda Portugal.

Teo Cardalda F.

Editado en Galicia Dixital

sábado, 23 de xaneiro de 2016




Desde o Preguntoiro


A caverna revólvese na súa esterqueira

Teo Cardalda F

    A política deste país está nestes intres ante un grande atractivo, un novo modo de gobernar, onde ata agora tanto os socialistas como o PP sempre gobernaron con maiorías absolutas o de cando en vez con partidos nacionalistas desde os comezos da “democracia”. Ou sexa, o pastel sempre o repartiron estes dou partidos, chegando a estes anos cunha corrupción de cabalo e un déficit democrático moi perigoso.

   
  Ante este panorama do fin do bipartidismo tralo 20 -D, os futuros gobernantes teñen que adaptarse a esta nova realidade, cousa que moitos dalgúns casposos dos dous partidos que seguen chupando do teto público non son capaces de asimilar que estamos ante outra forma de facer política, que estamos en outros tempos e que 1978 xa queda moi lonxe.
   
   Isto tamén vai por eses “politólogos” e medios de información que están a berrar como tolos nas “tertulias” manipulando terxiversando esta realidade ao servizo de intereses moi escuros e cavernícolas. Cousa que estes “contadores de mentiras” nada din de que a este país lle falta esa cultura política de gobernos en coalición con tres e máis partidos que agora están gobernando en Alemaña, Bélxica, Dinamarca, Francia, Greza, Holanda, Italia, Portugal e Suecia; sendo isto unha práctica moi común e moi estendida e non pasa nada, non rompen o país nin está ninguén a poñer en perigo aos cidadáns como dixo a Vicepresidenta Sáez de Santamaría.
    
 
 Quen si puxo en perigo aos cidadáns estes catro anos foi o PP co “caradura” do Sr, Rajoy ao fronte, gobernando este país co “rodillo” a golpe de decretos leis, espoliando e condenando á pobreza a millóns de españois.
   
   Sexa como sexa, sería imperdoable que os partidos de esquerda non aproveiten esta ocasión para botar do poder a esta dereita cavernícola, franquista, autoritaria e impositora.
  
   Se temos eleccións anticipadas vaise perder unha grande oportunidade de rexeneración democrática verdadeira, todo depende deses “baróns” do PsoE (os filipitos e company)  ancorados no pasado e ao servizo das portas xiratorias. Desde o meu punto de vista,  estes serán os culpables  desta ocasión perdida, nunca os bos militantes socialistas de esquerdas.

Este é un dos mamporreiros da caverna

Publicado en Galicia Dixital

martes, 19 de febreiro de 2013

DOUS ERROS MOI IMPORTANTES






DOUS ERROS MOI IMPORTANTES
Teo Cardalda F.
 
Ante estes últimos escándalos de corrupción de altos cargos institucionais, empresarios e a
Casa Real, os xornais falan de “dano á democracia”. Non encanto, moitos deses xornais tratan
de separar todo esta barafunda do económico e o político. Temos que volver a memoria atrás
de que esas prácticas corruptas: Panafreta,Filesa, Malesa,Times Export, fondos reservados,
Javier de la Rosa, Mario Conde, Colón y Prado de Carvajal (este coa Casa Real), Deputación
de Castellón, Valencia e agora o caso Bárcenas, teñen unha causas.
Este resultado xa ven desde que fixeron aquela transición que foi unha traizón ao pobo

español, porque se fixo mal desde o principio, cedendo en cuestións fundamentais. Falando
claro, cunha oposición que entregouse de pés e mans ao réxime. O resultado está agora á vista,
considero que este réxime actual é un estado de excepción permanente, unha carallada de
democracia. Aínda lembro aqueles cantos á transición polos que estaban gobernando como
era o PSOE, inclusive dicían que a nosa volta á “democracia” a transición política era
exportables para calquera país do mundo. Queiran o deuses que ninguén o fixera, xa que tería
hoxe un país apodrecido e abondo de corruptos, corruptores e mangantes políticos.
       Porén, o máis triste de todo foi aquel 20 de febreiro de 2005, cando aos españois
chamáronnos ás urnas para votar aquel cachifallo de Constitución Europea, engaiolados
polo bipartidismo do PSOE e PP. Hoxe estamos pagando as mentiras que dixeron para votar
si. Teño a sorte que eu votei non e estou coa miña conciencia moi tranquila. Soamente ler
naqueles anos o artigo III-122 e III-166, xa albiscaba o que nos agardaba no futuro, son
artigos que facía referencia aos Servizos Públicos, Seguridade Social e Ensino; reflectía moi
ben o que querían escangallar con palabras de galopíns: “Servizos Económicos de Interés
Xeral”. Este era o paso para privatizar tódolos servizos públicos básicos. Dous grandes erros
moi importantes dese acachoupado bipartidismo para saber o que pasa na actualidade.
 
 
Artigos publicados en Diario de Arousa e Galicia Dixital