martes, 19 de febreiro de 2013

DOUS ERROS MOI IMPORTANTES






DOUS ERROS MOI IMPORTANTES
Teo Cardalda F.
 
Ante estes últimos escándalos de corrupción de altos cargos institucionais, empresarios e a
Casa Real, os xornais falan de “dano á democracia”. Non encanto, moitos deses xornais tratan
de separar todo esta barafunda do económico e o político. Temos que volver a memoria atrás
de que esas prácticas corruptas: Panafreta,Filesa, Malesa,Times Export, fondos reservados,
Javier de la Rosa, Mario Conde, Colón y Prado de Carvajal (este coa Casa Real), Deputación
de Castellón, Valencia e agora o caso Bárcenas, teñen unha causas.
Este resultado xa ven desde que fixeron aquela transición que foi unha traizón ao pobo

español, porque se fixo mal desde o principio, cedendo en cuestións fundamentais. Falando
claro, cunha oposición que entregouse de pés e mans ao réxime. O resultado está agora á vista,
considero que este réxime actual é un estado de excepción permanente, unha carallada de
democracia. Aínda lembro aqueles cantos á transición polos que estaban gobernando como
era o PSOE, inclusive dicían que a nosa volta á “democracia” a transición política era
exportables para calquera país do mundo. Queiran o deuses que ninguén o fixera, xa que tería
hoxe un país apodrecido e abondo de corruptos, corruptores e mangantes políticos.
       Porén, o máis triste de todo foi aquel 20 de febreiro de 2005, cando aos españois
chamáronnos ás urnas para votar aquel cachifallo de Constitución Europea, engaiolados
polo bipartidismo do PSOE e PP. Hoxe estamos pagando as mentiras que dixeron para votar
si. Teño a sorte que eu votei non e estou coa miña conciencia moi tranquila. Soamente ler
naqueles anos o artigo III-122 e III-166, xa albiscaba o que nos agardaba no futuro, son
artigos que facía referencia aos Servizos Públicos, Seguridade Social e Ensino; reflectía moi
ben o que querían escangallar con palabras de galopíns: “Servizos Económicos de Interés
Xeral”. Este era o paso para privatizar tódolos servizos públicos básicos. Dous grandes erros
moi importantes dese acachoupado bipartidismo para saber o que pasa na actualidade.
 
 
Artigos publicados en Diario de Arousa e Galicia Dixital

Ningún comentario:

Publicar un comentario