martes, 1 de novembro de 2016

FERMÍN BOUZA ÁLVAREZ- ONDAS DO MAR DE AROUSA



FERMÍN BOUZA ÁLVAREZ 

ONDAS DO MAR DE AROUSA, VILAXOÁN DE AROUSA, 1998

Teo Cardalda F.


O sábado día 29 de outubro faleceu o sociólogo, escritor e poeta Fermín Bouza Álvarez, fillo do intelectual poeta e etnógrafo Fermín Bouza-Brey. Tamén era curmán de Gonzalo Bouza-Brey.
Fermín Bouza era catedrático na universidade Complutense de Madrid naceu en Santiago de Compostela en 1946, marchou para Madrid na que viviu dende que en 1969 chegou fuxindo da represión da polícia franquista, despois daquel axitado maio do 68. Na Cumplutense deixou unha fonda pegada entre os estudantes.
Fermín, foi daqueles poetas que viñeron a Vilaxoán de Arousa (Fogar do Pescador) non día de As Letras Galegas en maio de 1998. Eran tempos que aínda funcionaba o altruísmo, Fermín achegouse a Vilaxoán dende Madrid pola súa conta e pecunio, como moitos dos poetas. Foi aquel un acto de impresionante repercusión en Galicia polo número de expectadores que petaban o local ata a bandeira e polos grandes poetas de Galicia: Alfonso Álvarez Cáccamo, Xosé María Álvarez Cáccamo, Xurxo Alonso, FERMÍN BOUZA ÁLVAREZ, Gonzalo Bouza-Brey, Ramón Caride Ogando, Ramiro Fonte, Salvador García Bodaño, Bernardino Graña, Xulio López Valcárcel, Manuel María, Uxío Novoneyra, Anxo Pastor, Daniel Pino Vicente, Xesús Rábade Paredes, Xavier Rodríguez Baixeras, Domingo Tabuyo, Helena Villar Janeiro e Rafael Villar.
Importante tamén foi que a Directiva do Fogar do Pescador trouxera á TVS e quedou constancia en video desta grande festa cultural de Galicia. Tamén editárase un libro con todos os poemas que se recitaron no acto, sendo o limiar de Francisco Fernández del Riego coa ilustración do pintor vilagarcián Xurxo Alonso. Editado polo Fogar do Pescador sendo a presidenta Carmen Mariño e Delegado de Cultura Teo Cardalda e o Director da publicación Gonzalo Bouza- Brey. 
Dende Vilaxoán de Arousa vai esta homenaxe  a este grande: poeta e  galeguista como foi Fermín Bouza. Que a terra lle sexa leve.



Video dese día recitando Fermín Bouza Álvarez


Entrevista de Carlos Crespo do Faro de Vigo a Fermín Bouza para ese día das Letras Galegas







Entrevista aos poetas que recitaron no Fogar do Pescador

==================================================






Foto ceando no Abuelo Ramiro en Vilaxoán despois do recital. De esquerda a dereita: Helena Villar, Gonzalo Bouza-Brey, Manuel María, Salecta a dona de Manuel María, Xesús Rábade e FERMÍN BOUZA ÁLVAREZ. (Foto de Helena Villar).

==========================================================

Libro "O Cancioneiro e o Mar"









Ningún comentario:

Publicar un comentario