luns, 12 de setembro de 2016


Desde o Preguntoiro:

 Roubo e Negocio das Pensións

Teo Cardalda F.
    
   Desde que chegou este Goberno ao poder en decembro de 2011, o PP foi votando man do peto de pensións en unha morea de ocasións, a última no pasado mes de xullo que retirou 8.700 millóns de euros. A este ritmo de gasto, uns 12 mil millóns ao ano, só quedan non fondo 25 mil millóns de euros onde  o peto pode quedar esgotado en 2019.

     
  Este Fondo de Reserva de pensións garantida polos pactos de Toledo, que fora aprobado polo pleno do Congreso dos Deputados o seis de abril de 1995, onde non se podía retirar diñeiro, estaba ao ano 2010 en preto de setenta mil millóns de euros, agora o temos 25 mil millóns tres anos despois, ou sexa, saquearon máis dun 60%
    
  Desta maneira, estes saqueadores gobernan e levan o diñeiro aforrado de todos os españois para os seus “amiguetes” do rescate á banca (Bankia, Caixas) e grandes empresarios corruptos, favorecendo á banca coas pensións privadas. Dentro de pouco nin teremos sanidade, ensino nin pensións, están liquidando todo en honra a súa ideoloxía neoliberal. A todo isto engadimos a “rifa” dos medicamentos (segundo a clase médica son os máis caros dos países do noso entorno) e aos “jubiletas” xa nos están poñendo a tarxeta “roxa”... en forma de “necrolóxica”.

    
  Neste país do esperpento o que non se indigna é que non sabe o que está a pasar, culpa dos grandes medios que pasan as 24 horas día tras día traballando como tolos para o IBEX35, controlando á “peña”e que sigan sen coñecer o grave do que está acontecendo. Se a maioría da “peña” o soubera todo, se soubera tamén que hai alternativas a este salvaxe neoliberalismo e tantos escándalos, coido que teriamos quizais una revolta xeneral, aínda que moitos pensionistas deste país masoquista seguirían aplaudindo ata coas orellas a estes lampantíns.
    
  A mensaxe está moi clara, pensan morrer matando, ou sexa vendendo este país ás multinacionais, baldeirando as petos do aforro de 20 anos dos españois. Mentres este goberno fai subir o déficit como un globo de helio, eles falan cunha cara dura como o cemento coa canción de tódolos días para ilusos: España crece máis que ninguén. A economía está despegando (desde o aeroporto de Castellón). Xa saímos da crise (estafa) e xa é historia... Temos que saber ata onde condenáronnos este feixe de desalmados escachapiollos ao mando do Sr. dos “hilillos”. ¿Que cousas tan malas fixemos nós para merecer tantas falcatruadas?.


Ningún comentario:

Publicar un comentario