Amosando publicacións coa etiqueta podemos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta podemos. Amosar todas as publicacións

sábado, 23 de xaneiro de 2016




Desde o Preguntoiro


A caverna revólvese na súa esterqueira

Teo Cardalda F

    A política deste país está nestes intres ante un grande atractivo, un novo modo de gobernar, onde ata agora tanto os socialistas como o PP sempre gobernaron con maiorías absolutas o de cando en vez con partidos nacionalistas desde os comezos da “democracia”. Ou sexa, o pastel sempre o repartiron estes dou partidos, chegando a estes anos cunha corrupción de cabalo e un déficit democrático moi perigoso.

   
  Ante este panorama do fin do bipartidismo tralo 20 -D, os futuros gobernantes teñen que adaptarse a esta nova realidade, cousa que moitos dalgúns casposos dos dous partidos que seguen chupando do teto público non son capaces de asimilar que estamos ante outra forma de facer política, que estamos en outros tempos e que 1978 xa queda moi lonxe.
   
   Isto tamén vai por eses “politólogos” e medios de información que están a berrar como tolos nas “tertulias” manipulando terxiversando esta realidade ao servizo de intereses moi escuros e cavernícolas. Cousa que estes “contadores de mentiras” nada din de que a este país lle falta esa cultura política de gobernos en coalición con tres e máis partidos que agora están gobernando en Alemaña, Bélxica, Dinamarca, Francia, Greza, Holanda, Italia, Portugal e Suecia; sendo isto unha práctica moi común e moi estendida e non pasa nada, non rompen o país nin está ninguén a poñer en perigo aos cidadáns como dixo a Vicepresidenta Sáez de Santamaría.
    
 
 Quen si puxo en perigo aos cidadáns estes catro anos foi o PP co “caradura” do Sr, Rajoy ao fronte, gobernando este país co “rodillo” a golpe de decretos leis, espoliando e condenando á pobreza a millóns de españois.
   
   Sexa como sexa, sería imperdoable que os partidos de esquerda non aproveiten esta ocasión para botar do poder a esta dereita cavernícola, franquista, autoritaria e impositora.
  
   Se temos eleccións anticipadas vaise perder unha grande oportunidade de rexeneración democrática verdadeira, todo depende deses “baróns” do PsoE (os filipitos e company)  ancorados no pasado e ao servizo das portas xiratorias. Desde o meu punto de vista,  estes serán os culpables  desta ocasión perdida, nunca os bos militantes socialistas de esquerdas.

Este é un dos mamporreiros da caverna

Publicado en Galicia Dixital

venres, 30 de maio de 2014

¿Podemos?. Pódese




¿Podemos?. Pódese...
Teo Cardalda F.
 

     Estas eleccións foron un torpedo en toda liña de flotación a esa casta política do bipartidismo, unha base para que a política fágase de abaixo arriba e non ao contrario. O triunfo dunha forza política emerxente como Podemos, tráenos un pouco de ar fresco a este país para converterse nunha ferramenta ao servizo da cidadanía, para intentar parar ese dogmatismo económico desta casta política do sistema nacido en 1978. Casta política que usa esta crise (estafa) para empobrecer a millóns de persoas e facer máis ricas a unha poucas.

    Non é soamente o triunfo de Pablo Iglesias, senón o de centos de milleiros de cidadáns que cren na política como instrumento para trocar as cousas e facer unha sociedade máis xusta, libre e equilibrada.

    Coido que temos tempo abondo para trocar o curso deste sistema (ditatorial solapado) que nos afoga, por unha verdadeira democracia. A caida do bipartidismo, comezou marcando un antes e un despois para a formación dun fronte de esquerdas auténtico para devolver a ilusión perdida á xente do común que está aldraxada, humillada e desprezada. Ou sexa, a esquerda ten que trocar este país cunha grande alianza anticapitalista.

   IU xa dixo que está disposta á formación dun grande bloque de esquerdas con Podemos e calquera grupo que asuma un programa político e social. Hai que superar esas diferencias partidarias e nacionalistas, sen perder as súas esencias políticas. Está todo nas nosas mans o cambio necesario para que a esquerda goberne xa dunha vez, para recuperar os nosos dereitos e liberdades que nos roubaron estes que están ao servizo desas portas xiratorias, onde se están a facerse ricos a conta da fame do pobo.

  Fai falla aclarar malentendidos, respeto mutuo e que todos atendan as razóns dos outros. Non hai presa por converxer; trátase de facelo de maneira que as bases asuman que facelo é prioritario e que elo esixe certas renuncias. Á esquerda o pobo lle está presentando en bandexa a posibilidade dun Fronte Amplo. Se non se aproveita, non haberá outra.