Desde o Preguntoiro
A caverna revólvese na súa
esterqueira
Teo Cardalda F
A política deste país está nestes intres ante un grande
atractivo, un novo modo de gobernar, onde ata agora tanto os socialistas como o
PP sempre gobernaron con maiorías absolutas o de cando en vez con partidos
nacionalistas desde os comezos da “democracia”. Ou sexa, o pastel sempre o
repartiron estes dou partidos, chegando a estes anos cunha corrupción de cabalo
e un déficit democrático moi perigoso.
Ante este panorama do fin do bipartidismo tralo 20 -D, os
futuros gobernantes teñen que adaptarse a esta nova realidade, cousa que moitos
dalgúns casposos dos dous partidos que seguen chupando do teto público non son
capaces de asimilar que estamos ante outra forma de facer política, que estamos
en outros tempos e que 1978 xa queda moi lonxe.
Isto tamén vai por eses “politólogos” e medios de información
que están a berrar como tolos nas “tertulias” manipulando terxiversando esta
realidade ao servizo de intereses moi escuros e cavernícolas. Cousa que estes
“contadores de mentiras” nada din de que a este país lle falta esa cultura
política de gobernos en coalición con tres e máis partidos que agora están
gobernando en Alemaña, Bélxica, Dinamarca, Francia, Greza, Holanda, Italia,
Portugal e Suecia; sendo isto unha práctica moi común e moi estendida e non
pasa nada, non rompen o país nin está ninguén a poñer en perigo aos cidadáns
como dixo a Vicepresidenta Sáez de Santamaría.
Sexa como sexa, sería imperdoable que os partidos de esquerda
non aproveiten esta ocasión para botar do poder a esta dereita cavernícola,
franquista, autoritaria e impositora.
Se temos eleccións anticipadas vaise perder unha grande
oportunidade de rexeneración democrática verdadeira, todo depende deses
“baróns” do PsoE (os filipitos e company)
ancorados no pasado e ao servizo das portas xiratorias. Desde o meu
punto de vista, estes serán os culpables desta ocasión perdida, nunca os bos
militantes socialistas de esquerdas.
Este é un dos mamporreiros da caverna
Publicado en Galicia Dixital
Ningún comentario:
Publicar un comentario