Amosando publicacións coa etiqueta marca españa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta marca españa. Amosar todas as publicacións

xoves, 14 de marzo de 2013




 

This is Spain

 Teo Cardalda F.



   Oito meses de cadea para un ex-ministro británico por unha multa de tráfico, onde coaccionou a súa dona para que declararase culpable, Descubriuse a mentira e o resultado foi multa, retirada de carnet e cadea.
   Igual que en España, a mesma xustiza. Estes fillos da Gran Bretaña non saben facer as cousas, tiñamos que mandarlle uns monitores para darlle cursillos de saír de calquera problema sexa de tráfico ou de corrupción. Unha das primeiras cousas sería en dar unha conferencia de prensa detrás dunha pantalla de plasma e contar catro barralladas de galopíns como o Sr. Rajoy. Non encanto,  tamén pódese mandar de monitores á Peinetas, González Póns e inclusive ao Sr. Arenas por iso da transparencia e por último a Bárcenas por aquilo das comisións.
   Falando en serio, temos que ser comprensivos coa “marca España” e co noso goberno, se actuaramos á maneira anglosaxón, este goberno non quedaría ningún deles, terían que dimitir todos. !Carallo¡. Que sería de nós sen a súa tutela, non se nos pode deixar sós, ¿ Lémbravos algo esta frase?.
    Darvos conta que se aplicáramos desta mesma forma a Lei que en en Gran Bretaña. ¿A que   bipartidismo (tanto monta monta tanto) tiñamos que votar?. ¿Quen presentaríase a unhas eleccións?. Estarían case todos os políticos dese "Bi" que gobernaron e gobernan pringados e apodrecidos na cadea, inclusive parte da familia Real......o mundo ao revés.
   Esta novas son as que deixan a “marca Spain á altura do betún bananeiro, porén, non temos que preocuparnos xa que na última noiteboa (como moitas noiteboas) saíu un Sr. na TVE, dicindo que a lei neste país dos despropósitos é igual para todos.
Neste intre que estou escribindo isto, ráchaseme os beizos de risa. This is Spain.
 
Artigo publicado en  Galicia Dixital e Diario de Arousa
 

venres, 16 de novembro de 2012

Polícia a puñetazos cunha muller no 14N. Marca España

O que está a facer a policía en España xa non ten nome. Lles pagamos o pobo para que nos protexan dos delincuentes, iso é en teoría, na práctica a cousa troca de moito carallo, senón vexan este vídeo do 14N, cando un “policía”, mellor dito, un delincuente metido a servidor da lei a lía a puñetazos cunha muller. Isto non ten nome, isto é un abuso de poder que llo dan a elementos sicópatas que están metidos nos corpos de seguridade do estado, repito, pagados cos nosos impostos. Logo ao ver algunhas fotos e vídeos da xornada de folga, vemos como protexen ás grandes corporacións e grandes almacéns cos nosos cartos. Por certo, corporacións que fan fraude fiscal a mangallo. Isto é a democracia de España. Isto é A Marca España da que fala o Raxoi. Fíxense ben no vídeo, se isto acontece en Cuba, os medios de comunicación (descomunicación) estarían semanas falando e votando “merda” contra os criminais de Cuba, ata coido que mandarían a invadir a flota de EEUU .
Xoan de C. e Soutomaior.

martes, 30 de outubro de 2012





“Banco Malo, SAREB”
Teo Cardalda F.
 

      Onte os do PP aprobaron no Parlamento o do “Banco Malo” de nome “SAREB”. Manda truco con estes do goberno, asemella a un nome árabe, a un Califa. Esta criatura que naceu onte son os seus padriños o FMI e o Banco Central Europeo ao que se lle chama a “Troika”, organismos que veñen demostrando a súa incompetencia e a perversidade económica. Non hai país no mundo intervido por estes estamentos estafadores que a súas economías non atópense fundidas.

    Isto do “Banco Malo”, non é máis que privatizar os beneficios e socializar as perdas. Vai ser este banco, un organismo “público” na que as entidades financeiras deixaran os seus “activos tóxicos”, créditos de cobros dubidosos que son de pisos embargados ou pisos construídos sen vender.

    Un exemplo desta maquinaria estafadora, son os pisos que un banco valorou en 250.000 euros que agora valen 100.000 e para que esas perdas de valor non “arruínen” a ese banco, lle botaran toda esa bosta a esa criatura bautizada SAREB, logo toda esa podremia que lle votan ao “Banco Malo” venderase por menos do seu valor, mercaran barato, pagará o pobo e logo repartíranse os beneficios aqueles amigos de sempre. ¿ Quen asumirá as perdas?. O Estado, é dicir, as pagaremos durante anos todos os cidadáns cos nosos impostos e con recortes salvaxes ao Estado do Benestar. Non hai diñeiro para manter a Sanidade ou a Educación Pública, pero o hai para salvar aos bancos.

    Nesta “Marca España”, os únicos que viviron por riba das súas posibilidades foron os banqueiros, que repartiron dividendos que non existían, pediron diñeiro aos bancos alemáns para metelo naquela “burbulla” do ladrillo e cemento  agochando a súa quebra falseando a contabilidade.

   Vedes como as cousas trocan co PP. Agora toda a cidadanía deste país é accionista da banca, dese banco casposo desa parte “chunga”, pero accionista da banca.......rota.

   Isto é sinxelamente unha estafa, un traxe feito á medida para os grandes estafadores que fóronse para paraísos fiscais sen devolver os créditos. Mexan por nós e dicimos que chove.
 
 
Publicado en Galicia Dixital e Diario de Arousa

 

domingo, 28 de outubro de 2012

A España Real da "Marca España" do Rajoy&Company



Vexan este vídeo desa puta “Marca España” da que falan os mintireiros do PP. Non teñen vergoña. Teñen máis cara cun zapato vello.

A ESPAÑA REAL, NON CONFUNDIR COA BORBÓNICA
 
 
 
 
 
Xoan de C. e Soutomaior

#29S LA ESPAÑA REAL from elquehavistoelsol on Vimeo.

sábado, 6 de outubro de 2012

“Marca España”




“Marca España”
Teo Cardalda F.
 

Todo andarase
    É indignante que mentres o resto do mundo está a falar de España como o país que está chegando á miseria, esnaquizando os dereitos democráticos dos cidadáns, as televisións públicas “neoliberais” está a negar a realidade, agochan a situación pola que estamos a vivir, inventan falsas novas para manipular ao cidadán en especial os actos violentos que sucederon en Madrid por represión da policía. Teño visto polas redes sociais vídeos e por outras TV. estranxeiras que dan noxo, onde existe un especial que dou a volta ao mundo cunha entrada ata agora de 2 millóns de internautas, onde vese moi claro como policías de paisano encapuchados e con bandeiras vermellas provocaban aos antidisturbios, a un deles lle dan unha malleira e o tiran ao chan, nese intre lle grita dicindo : “....soy compañero, coño....”. Máis claro auga.

Patético, nin os conserxes estaban ali
    O Sr. Rajoy en New York nada lle inquietaba que Madrid fora unha cidade reprimida pola violencia. Estaba moi lonxe dando discursos na ONU que só escoitaban os conserxes e facéndose fotos pola Sexta Avenida fumando puros. Logo sae o Mayor Oreja dicindo que as gravacións tiña que estar prohibidas nas manifestacións a Cospedal comentaba que eran actos ilegais e a Delegada do goberno di que eran 6000 persoas. Condecoran ao xefe da represión cunha medalla sendo cuestionado polo Sindicato da Polícia. A Educación está sendo espoliada a favor do ensino doutrinal, ou sexa, relixiosa e setas fundamentalistas onde non educan senón que adoutrinan. Non recortan ren para a Igrexa, senón que nestes presupostos aínda recollen máis. O domingo pasado no AVE de Madrid a Málaga escoitouse nos vagóns unha misa radiada por Rouco Varela,

   Todo isto lémbrame o franquismo e o seu folclore, o ditador baixo palio e inaugurando pantanos que agochaban a máis sinistra realidade da ditadura. Coido que todo andarase co tempo se isto no se para. Logo queren vender “Marca España”.