xoves, 14 de marzo de 2013




 

This is Spain

 Teo Cardalda F.



   Oito meses de cadea para un ex-ministro británico por unha multa de tráfico, onde coaccionou a súa dona para que declararase culpable, Descubriuse a mentira e o resultado foi multa, retirada de carnet e cadea.
   Igual que en España, a mesma xustiza. Estes fillos da Gran Bretaña non saben facer as cousas, tiñamos que mandarlle uns monitores para darlle cursillos de saír de calquera problema sexa de tráfico ou de corrupción. Unha das primeiras cousas sería en dar unha conferencia de prensa detrás dunha pantalla de plasma e contar catro barralladas de galopíns como o Sr. Rajoy. Non encanto,  tamén pódese mandar de monitores á Peinetas, González Póns e inclusive ao Sr. Arenas por iso da transparencia e por último a Bárcenas por aquilo das comisións.
   Falando en serio, temos que ser comprensivos coa “marca España” e co noso goberno, se actuaramos á maneira anglosaxón, este goberno non quedaría ningún deles, terían que dimitir todos. !Carallo¡. Que sería de nós sen a súa tutela, non se nos pode deixar sós, ¿ Lémbravos algo esta frase?.
    Darvos conta que se aplicáramos desta mesma forma a Lei que en en Gran Bretaña. ¿A que   bipartidismo (tanto monta monta tanto) tiñamos que votar?. ¿Quen presentaríase a unhas eleccións?. Estarían case todos os políticos dese "Bi" que gobernaron e gobernan pringados e apodrecidos na cadea, inclusive parte da familia Real......o mundo ao revés.
   Esta novas son as que deixan a “marca Spain á altura do betún bananeiro, porén, non temos que preocuparnos xa que na última noiteboa (como moitas noiteboas) saíu un Sr. na TVE, dicindo que a lei neste país dos despropósitos é igual para todos.
Neste intre que estou escribindo isto, ráchaseme os beizos de risa. This is Spain.
 
Artigo publicado en  Galicia Dixital e Diario de Arousa
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario