“Banco
Malo, SAREB”
Teo Cardalda F.
Onte os do PP aprobaron no Parlamento o
do “Banco Malo” de nome “SAREB”. Manda truco con estes do goberno, asemella a
un nome árabe, a un Califa. Esta criatura que naceu onte son os seus padriños o
FMI e o Banco Central Europeo ao que se lle chama a “Troika”, organismos que
veñen demostrando a súa incompetencia e a perversidade económica. Non hai país
no mundo intervido por estes estamentos estafadores que a súas economías non
atópense fundidas.
Isto do “Banco Malo”, non é máis que
privatizar os beneficios e socializar as perdas. Vai ser este banco, un
organismo “público” na que as entidades financeiras deixaran os seus “activos
tóxicos”, créditos de cobros dubidosos que son de pisos embargados ou pisos
construídos sen vender.
Un exemplo desta maquinaria estafadora, son
os pisos que un banco valorou en 250.000 euros que agora valen 100.000 e para
que esas perdas de valor non “arruínen” a ese banco, lle botaran toda esa bosta
a esa criatura bautizada SAREB, logo toda esa podremia que lle votan ao “Banco
Malo” venderase por menos do seu valor, mercaran barato, pagará o pobo e logo
repartíranse os beneficios aqueles amigos de sempre. ¿ Quen asumirá as perdas?.
O Estado, é dicir, as pagaremos durante anos todos os cidadáns cos nosos
impostos e con recortes salvaxes ao Estado do Benestar. Non hai diñeiro para
manter a Sanidade ou a Educación Pública, pero o hai para salvar aos bancos.
Nesta “Marca España”, os únicos que viviron
por riba das súas posibilidades foron os banqueiros, que repartiron dividendos
que non existían, pediron diñeiro aos bancos alemáns para metelo naquela “burbulla”
do ladrillo e cemento agochando a súa
quebra falseando a contabilidade.
Vedes como as cousas trocan co PP. Agora
toda a cidadanía deste país é accionista da banca, dese banco casposo desa
parte “chunga”, pero accionista da banca.......rota.
Isto
é sinxelamente unha estafa,
un traxe feito á medida para os grandes estafadores que fóronse para paraísos
fiscais sen devolver os créditos. Mexan por nós e dicimos que chove.
Publicado en Galicia Dixital e Diario de Arousa
Ningún comentario:
Publicar un comentario