"LA REALIDAD"
Teo Cardalda F.
“ Quien me ha impedido cumplir mi
programa ha sido la realidad”. Palabras ditas nunha entrevista polo
presidente Mariano Rajoy a un xornal . Se fora verdade que descoñecían a
realidade do país, demostra que o Sr. Presidente e o PP están fora de onda e
incapacitados para gobernar. Esta palabras non deixan de ser un insulto á
intelixencia da cidadanía e non xustifica ese grande fraude electoral e contrato
que fixo co pobo. Este partido, mentiu, enganou e con estas últimas palabras do
Sr. Rajoy pretende xustificar cunha nova trola o inxustificable.
O PP desde este intre queda deslexitimado para seguir
no poder. As promesas de Rajoy non é que estiveran fora da realidade, senón que
el está fora da realidade . En política cando un promete e non cumpre, mente en
todo e, por riba recoñece as súas mentiras, ten que ter a dignidade e decencia
de dimitir. Se fora verdade o que di e fora un político honesto e posto que non
pode cumprir o programa electoral votado por ese 38 % dos españois debería
fuxir, convocar novas eleccións e presentarse con un novo programa acorde coa
realidade. Só lle quedan dúas solucións democráticas: (supoñendo que temos
democracia) a convocatoria de novas eleccións ou un referendo de ratificación
das políticas aplicadas, todo o demais é unha degradación da
política.
Todo o que están facendo non deixa de ser pura e dura
ideoloxía de partido reaccionario e antidemocrático, inimigo de todo o que sexa
público e de melloras sociais intentando manter a toda velocidade os privilexios
duns poucos, a costa da educación, saúde e a miseria da clase
traballadora.
Para dignidade política a que tivemos que ollar estes
días en Japón, cando dimitiu o goberno por incumprir o seu programa soamente
pola aprobación dunha polémica subida do IVA.
Publicado en Diario de Arousa e Galicia Dixital
Ningún comentario:
Publicar un comentario