sábado, 6 de outubro de 2012

“Marca España”




“Marca España”
Teo Cardalda F.
 

Todo andarase
    É indignante que mentres o resto do mundo está a falar de España como o país que está chegando á miseria, esnaquizando os dereitos democráticos dos cidadáns, as televisións públicas “neoliberais” está a negar a realidade, agochan a situación pola que estamos a vivir, inventan falsas novas para manipular ao cidadán en especial os actos violentos que sucederon en Madrid por represión da policía. Teño visto polas redes sociais vídeos e por outras TV. estranxeiras que dan noxo, onde existe un especial que dou a volta ao mundo cunha entrada ata agora de 2 millóns de internautas, onde vese moi claro como policías de paisano encapuchados e con bandeiras vermellas provocaban aos antidisturbios, a un deles lle dan unha malleira e o tiran ao chan, nese intre lle grita dicindo : “....soy compañero, coño....”. Máis claro auga.

Patético, nin os conserxes estaban ali
    O Sr. Rajoy en New York nada lle inquietaba que Madrid fora unha cidade reprimida pola violencia. Estaba moi lonxe dando discursos na ONU que só escoitaban os conserxes e facéndose fotos pola Sexta Avenida fumando puros. Logo sae o Mayor Oreja dicindo que as gravacións tiña que estar prohibidas nas manifestacións a Cospedal comentaba que eran actos ilegais e a Delegada do goberno di que eran 6000 persoas. Condecoran ao xefe da represión cunha medalla sendo cuestionado polo Sindicato da Polícia. A Educación está sendo espoliada a favor do ensino doutrinal, ou sexa, relixiosa e setas fundamentalistas onde non educan senón que adoutrinan. Non recortan ren para a Igrexa, senón que nestes presupostos aínda recollen máis. O domingo pasado no AVE de Madrid a Málaga escoitouse nos vagóns unha misa radiada por Rouco Varela,

   Todo isto lémbrame o franquismo e o seu folclore, o ditador baixo palio e inaugurando pantanos que agochaban a máis sinistra realidade da ditadura. Coido que todo andarase co tempo se isto no se para. Logo queren vender “Marca España”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario