mércores, 1 de maio de 2013

Outro Pleno Esperpéntico

Outro Pleno Esperpéntico

 Teo Cardalda F.
  

    O pasado luns no Concello de Vilagarcía de Arousa tivemos outro pleno esperpéntico. Esta vez algo insólito despois de máis de trinta anos de “democracia”, a policía identificou e rexistrou nunha lista aos asistentes. O Alcalde Sr. Fole xustificou esta medida por razóns de seguridade.
2009-03-16_IMG_2009-03-09_21_50_26_aro4fole   Pode ser que todo isto pódese considerar como anticonstitucional e xa  estamos fartos de coartar a liberdade por mor da seguridade, parece que o Sr. Alcalde confunde seguridade coa liberdade do cidadán a estar no pleno por asuntos que lles compete.
   Cando non se escoita aos cidadáns, cando non se recibe aos colectivos para falar ou consensuar decisións importantes para a cidade, iso non é democracia, son decisións que lémbranme tempos pasados daquela “longa noite de pedra”. O único que está a facer o Sr. Alcalde e demonizar e criminalizar as protestas dos cidadáns con unha “lista negra” como se estiveramos nunha época nazi, coartando ás persoas a estar no pleno.
PLENO MUNICIPAL CONCELLO VILAGARCIA /2011-06-19_IMG_2011-06-19_00_31_48_ar1   O Sr. Alcalde di: "que están a crearlle  os veciños e colectivos  nos plenos    guirigays”. A “democracia” non é soamente que lle voten cada catro anos e logo actuar con patente de corso para facer o que lle pete dos “cataplines” (como dicía o socio do goberno municipal noutro esperpéntico pleno hai uns meses o Sr.  "Sheriff" da cidade). Democracia é atender na lexislatura os problemas que veñen xurdindo ao longo de todo ese tempo, chamar aos afectados e expoñer tódolos puntos de vista para chegar a un acordo e levalo a cabo. Xamais o Alcalde tería esas protestas se non actuara como un pequeno ditador, se atendera as peticións ou consensos para tomar decisións que afecten a unha boa andaina da cidade. Soamente hai un único culpable ante a posición intransixente do goberno de Vilagarcía, ese é o Sr. Alcalde que crese un Deus na compaña dos seus fieis santos cun Judas Escariote.
  Dáme a sensación que a filosofía que practica o Sr. Alcalde, concorda coa que estamos a sufrir coa mediocridade do goberno da nación. Goberno que lévannos ao desastre, en todas as variantes dos valores éticos, morais e económicos.
   Nunha democracia, a cidadanía de ben ten todo dereito a protestar ante as inxustizas dos seus mandatarios, en especial cando non cumpren as súas promesas electorais e convértense en prepotentes e ditadores. Tamén pode acontecer que sufra impotencia e mediocridade para rexir o Concello, ou non saiba as súas limitacións. Entón o que ten que facer é dimitir, irse para a casa e punto pelota.   
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario