Amosando publicacións coa etiqueta franquismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta franquismo. Amosar todas as publicacións

luns, 2 de outubro de 2017

O Goberno puxo a un coronel da Garda Civil á fronte de toda a policía en Catalunya




O Goberno puxo a un coronel da Garda Civil á fronte de toda a policía en Cataluña




O coronel Pérez de Cobos, de 53 anos, é Diplomado de Estado Maior e desde hai 11 anos está vinculado ao Ministerio do Interior,
É fillo de Antonio Pérez de Cobos quen fose membro da formación ultra Fuerza Nueva, para a que se presentou ao Congreso por Murcia e irmán de Francisco Pérez de Cobos, militante do PP e presidente do Tribunal Constitucional de 2011 a 2017. Baixo o mandato deste último, o TC declarou nula a declaración soberanista do Parlament de Cataluña de 2013 e invalidou a consulta popular do 9-N, anulando dous artigos da lei da Cámara catalá.
En 1992, Diego Pérez dos Cobos foi un dos seis gardas civís imputados por torturas do presunto membro do comando Biscaia de ETA Kepa Urra cando estivo ingresado no hospital. Tres deses gardas foron condenados, pero Pérez dos Cobos resultou absolto.

Considero que o Parlamento ten que pedir responsabilidades  a este Sr. pola actuación desproporcionada en Cataluña e comparecencia na Cámara para explicar o seu comportamento, como tamén outras comparecencias de responsabilidade políticas



O goberno covarde deste estado errado, bota man do mais selecto da ultradereita. Un coronel torturador, fillo e irmán do mais franquista deste estado, que ademais prémianos os partidos mais unionistas e corruptos por unha banda e traidores a esa España que eles veneran, vendendo as empresas a multinacionais estranxeiras e levando os diñeiros para paraisos fiscais, son os patriotas de postal.
Quen vai crer nese estado de dereito, cando xa está torto?. Un Tribunal Constitucional con toda a tropa ao servizo do Goberno non é digno de crer nese estado de dereito, cando o irmán do coronel  baixo o seu mandato, o TC declarou nula a declaración soberanista do Parlament de Cataluña de 2013 e invalidou a consulta popular do 9-N, anulando dous artigos da lei da Cámara catalana. Claro que hai moitas responsabilidades sobre o acontecido onte en Cataluña, xa viña todo cocido de fai tempo. Non foron tan áxiles no artigo 135 da Constitución trocandoo con noctunidade e elevosía en contra da cidadanía. Isto xa viña cociñado de anteman,  o PP xa preparou todo: Fiscalía, Tribunal Constitucional e Forzas de Seguridade con xente do máis rancio e casposo da España "jacobina". En resumo: o estado de dereito secustrado pola extremadereita franquista.
Cataluña onte loitou contra ese franquismo casposo e rancio.






venres, 10 de xaneiro de 2014

Carta a unha amiga francesa



Carta a unha amiga francesa
   
 Teo Cardalda F.
  
  Estimada amiga Françoise:
     O presidente Sr. Rajoy remata de inaugurar o novo ano 2014, o fixo cunhas declaracións optimistas como si este país fora o seu “cortijo”. Como ti sabes amiga, deixamos atrás dous anos de leis antisociais e represivas e cunha corrupción galopante que afecta a tódalas estruturas do poder onde destacan a reforma laboral de Báñez, a lei educativa de Wert, a reforma da Administración Local de Montoro, a de seguridade de Fernández, ou as leis de Gallardón de taxas xudiciais e regulación do aborto. Levan dous anos gobernando para unha minoría como son a banca, as multinacionais e grandes fortunas.
   Din que teñen maioría absoluta, iso só é unha ferramenta, non unha arma nin unha coartada. Ademais, non lle votou nin o 30 por cento do censo electoral e crense os señores deste “cortijo” chamada España, porén, esquécense de que son só os administradores.
   Amiga Françoise, xa temos falado longo e tendido sobre estes demócratas reconvertidos naquela “transición política” (daqueles pos veñen estes lodos) . Lembro moi ben aqueles anos (1977), cando en París ti me dicías: “como é posible que perdurara unha ditadura de corenta anos onde agora saen demócratas ata debaixo das pedras”. Agora teño que darche a razón, xa que todas esas leis en contra do pobo teñen unha carga ideolóxica aínda que veñan disfrazadas de eufemismos.
    Un dato significativo que ti puideches ler nos xornais franceses, garda moita relación co que ti me dicías: non se pode concibir na Europa actual que un ministro (Gallardón) poida presentar un libro facendo apoloxía do facismo-franquismo con grandes fotos do ditador.
   Camarada Françoise, os dereitos acadados os están convertendo en delitos. Que longo fáiseme o réxime franquista.
   Non sei si nestes dous anos que quedan de “maioría absoluta e optimista” as cousas vaian a peor, se este fora o caso vou ter que pedir asilo político na túa casa de París.
Bicos e apertas amiga Françoise.