venres, 10 de xaneiro de 2014

Carta a unha amiga francesa



Carta a unha amiga francesa
   
 Teo Cardalda F.
  
  Estimada amiga Françoise:
     O presidente Sr. Rajoy remata de inaugurar o novo ano 2014, o fixo cunhas declaracións optimistas como si este país fora o seu “cortijo”. Como ti sabes amiga, deixamos atrás dous anos de leis antisociais e represivas e cunha corrupción galopante que afecta a tódalas estruturas do poder onde destacan a reforma laboral de Báñez, a lei educativa de Wert, a reforma da Administración Local de Montoro, a de seguridade de Fernández, ou as leis de Gallardón de taxas xudiciais e regulación do aborto. Levan dous anos gobernando para unha minoría como son a banca, as multinacionais e grandes fortunas.
   Din que teñen maioría absoluta, iso só é unha ferramenta, non unha arma nin unha coartada. Ademais, non lle votou nin o 30 por cento do censo electoral e crense os señores deste “cortijo” chamada España, porén, esquécense de que son só os administradores.
   Amiga Françoise, xa temos falado longo e tendido sobre estes demócratas reconvertidos naquela “transición política” (daqueles pos veñen estes lodos) . Lembro moi ben aqueles anos (1977), cando en París ti me dicías: “como é posible que perdurara unha ditadura de corenta anos onde agora saen demócratas ata debaixo das pedras”. Agora teño que darche a razón, xa que todas esas leis en contra do pobo teñen unha carga ideolóxica aínda que veñan disfrazadas de eufemismos.
    Un dato significativo que ti puideches ler nos xornais franceses, garda moita relación co que ti me dicías: non se pode concibir na Europa actual que un ministro (Gallardón) poida presentar un libro facendo apoloxía do facismo-franquismo con grandes fotos do ditador.
   Camarada Françoise, os dereitos acadados os están convertendo en delitos. Que longo fáiseme o réxime franquista.
   Non sei si nestes dous anos que quedan de “maioría absoluta e optimista” as cousas vaian a peor, se este fora o caso vou ter que pedir asilo político na túa casa de París.
Bicos e apertas amiga Françoise.


Ningún comentario:

Publicar un comentario