Amosando publicacións coa etiqueta cataluña. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cataluña. Amosar todas as publicacións

mércores, 25 de outubro de 2017

O vello non da morto e o novo non remata de nacer



O vello non da morto e o novo non remata de nacer
  

  O que está acontecendo en Cataluña é un reflectir  da crise do sistema do réxime de 1978, por un bipartidismo que acompaña a esa terceira pata que é a monarquía, son os únicos responsables desta forma de facer política corrupta e clientelismo. Polo tanto, trátase dunha crise de sistema cunha corte de parásitos corruptos (“abarroteros, empeñistas, chulos de braguetazo, patriotas jactanciosos, doctores sen reválida, periodistas hampones e aduladores". Así nomeaba aos corruptos na súa obra Tirano Banderas  D. Ramón del Valle-Inclán en 1926)
  
 Hoxe estamos nunha etapa histórica para avanzar por unha verdadeira democracia, na que se protexan os dereitos fundamentais dos cidadáns: liberdade, igualdade, fraternidade e xustiza social, dereitos todos eles esnaquizados e con unha Constitución prostituída por unha clase política gobernante vendida ao máis noxento, detestable e criminal neoliberalismo salvaxe e o poder económico herdeiro do réxime franquista interesado nesta manobra, perdurando a Constitución de 1978, cousa que foi unha farsa (din o vellos “rokeros políticos” que non tiñamos outra alternativa) da que hoxe estamos pagando abondo con creces.

  
  Agora Tanto O PP, PSOE e outro partido nacido da extrema dereita de nome Ciudadanos, ante o xurdido en Cataluña falan de trocar a Constitución. Aínda teño na miña mente aquel día da votación en 1978, tiña a sensación que aquilo xa comezaba a ter un fedor que lembro aquilo de: polo pobo, para o pobo pero sen o pobo. A cidadanía nun estado democrático, ten o dereito a decidir e polo tanto o pobo dirá o que queira que sexa este país. Intentaran entre os tres partidos facer unha “reforma” constitucional para lavar a cara, ou sexa, se non queres unha cunca de caldo bebes dúas. Estamos ancorados no pasado, o vello non da morto e o novo non remata de nacer, non hai maneira...........

  O “aparatik” dos tres partidos queren pechar en falso tanto o de Cataluña e do país enteiro, perdendo unha oportunidade de consultar ao pobo a modernización do estado español, seguirán de costas á cidadanía como fixeron co artigo 135 da Constitución, trocado con nocturnidade e aleivosía en favor da banca e contra a maioría dos cidadáns españois, agora tamén co 155 aplicado en Cataluña sen intentar sequera un diálogo.
  
  Teño a sensación que lle teñen medo á democracia e ao pobo. ¿Porque non llo consultan á cidadanía nun referendo?.


luns, 2 de outubro de 2017

O Goberno puxo a un coronel da Garda Civil á fronte de toda a policía en Catalunya




O Goberno puxo a un coronel da Garda Civil á fronte de toda a policía en Cataluña




O coronel Pérez de Cobos, de 53 anos, é Diplomado de Estado Maior e desde hai 11 anos está vinculado ao Ministerio do Interior,
É fillo de Antonio Pérez de Cobos quen fose membro da formación ultra Fuerza Nueva, para a que se presentou ao Congreso por Murcia e irmán de Francisco Pérez de Cobos, militante do PP e presidente do Tribunal Constitucional de 2011 a 2017. Baixo o mandato deste último, o TC declarou nula a declaración soberanista do Parlament de Cataluña de 2013 e invalidou a consulta popular do 9-N, anulando dous artigos da lei da Cámara catalá.
En 1992, Diego Pérez dos Cobos foi un dos seis gardas civís imputados por torturas do presunto membro do comando Biscaia de ETA Kepa Urra cando estivo ingresado no hospital. Tres deses gardas foron condenados, pero Pérez dos Cobos resultou absolto.

Considero que o Parlamento ten que pedir responsabilidades  a este Sr. pola actuación desproporcionada en Cataluña e comparecencia na Cámara para explicar o seu comportamento, como tamén outras comparecencias de responsabilidade políticas



O goberno covarde deste estado errado, bota man do mais selecto da ultradereita. Un coronel torturador, fillo e irmán do mais franquista deste estado, que ademais prémianos os partidos mais unionistas e corruptos por unha banda e traidores a esa España que eles veneran, vendendo as empresas a multinacionais estranxeiras e levando os diñeiros para paraisos fiscais, son os patriotas de postal.
Quen vai crer nese estado de dereito, cando xa está torto?. Un Tribunal Constitucional con toda a tropa ao servizo do Goberno non é digno de crer nese estado de dereito, cando o irmán do coronel  baixo o seu mandato, o TC declarou nula a declaración soberanista do Parlament de Cataluña de 2013 e invalidou a consulta popular do 9-N, anulando dous artigos da lei da Cámara catalana. Claro que hai moitas responsabilidades sobre o acontecido onte en Cataluña, xa viña todo cocido de fai tempo. Non foron tan áxiles no artigo 135 da Constitución trocandoo con noctunidade e elevosía en contra da cidadanía. Isto xa viña cociñado de anteman,  o PP xa preparou todo: Fiscalía, Tribunal Constitucional e Forzas de Seguridade con xente do máis rancio e casposo da España "jacobina". En resumo: o estado de dereito secustrado pola extremadereita franquista.
Cataluña onte loitou contra ese franquismo casposo e rancio.