Teo Cardalda F.
LEMBRANDO A MANUEL MARÍA EN VILAXOÁN,1998
O poeta Manuel María, autor dunha extensa obra e expoñente do activismo político, representa a conciencia e o compromiso coa lingua galega,
Desde este humilde blog quero facerlle unha homenaxe a este home bo e xeneroso. Que mellor que lembrar aquel día das Letras Galegas no Fogar do Pescador en Vilaxoán de Arousa en 1998.
Manuel María estivo arroupado por unha morea de poetas de Galicia.
Poetas que veñen na portada do libro que se editou ese día cun feixe de poemas dos que estiveron en Vilaxoán. "O Cancioneiro e o mar", título do libro, vai coa ilustración do pintor Xurxo Alonso.
Foi todo un luxo para Vilaxoán o traer a toda unha representación da cultura de Galicia. Foi un grande honor para Carmen Mariño e para min (ela como presidenta do Fogar do Pescador e eu como delegado de cultura) o ter que presentalos no acto. Tiñamos a sensación que estabamos soñando, agora co paso do tempo a realidade a lembramos con moito sentimento e nostalxia. Non podo esquecer ao artífice, colaborador efectivo para o Fogar do Pescador neste grande evento ao poeta e escritor, ante todo amigo e camarada, xa finado, Gonzalo Bouza-Brey Villar.
A Quenlla cantando "O Carro", poema de Manuel María e musicado por Baldomero Iglesias (Mero). Unha fermosa canción e un grupo admirable. Moi ben por todos vos, Seguide sempre así. Grazas compañeiros.