Amosando publicacións coa etiqueta manuel maría. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta manuel maría. Amosar todas as publicacións

venres, 25 de marzo de 2016

LEMBRANDO A MANUEL MARÍA EN VILAXOÁN,1998



Teo Cardalda F.


LEMBRANDO A MANUEL MARÍA EN VILAXOÁN,1998


O Día das Letras Galegas de 2016 estará dedicado a Manuel María 

Desde este humilde blog quero facerlle unha homenaxe a este home bo e xeneroso. Que mellor que lembrar aquel día das Letras Galegas no Fogar do Pescador en Vilaxoán de Arousa en 1998.
Manuel María estivo arroupado por unha morea de poetas de Galicia.
Poetas que veñen na portada do libro que se editou ese día cun feixe de poemas dos que estiveron en Vilaxoán. "O Cancioneiro e o mar", título do libro, vai coa ilustración do pintor Xurxo Alonso.
Foi todo un luxo para Vilaxoán o traer a toda unha representación da cultura de Galicia. Foi un grande honor para Carmen Mariño e para min (ela  como presidenta do Fogar do Pescador e eu como delegado de cultura) o ter que presentalos no acto. Tiñamos a sensación que estabamos soñando, agora co paso do tempo a realidade a lembramos con moito sentimento e nostalxia. Non podo esquecer ao artífice,  colaborador efectivo para o Fogar do Pescador neste grande evento ao poeta e escritor, ante todo amigo e camarada,  xa finado, Gonzalo Bouza-Brey Villar.












A Quenlla cantando "O Carro", poema de Manuel María e musicado por Baldomero Iglesias (Mero). Unha fermosa canción e un grupo admirable. Moi ben por todos vos, Seguide sempre así. Grazas compañeiros.

mércores, 27 de marzo de 2013

A Quenlla - O Carro

A Quenlla cantando "O Carro", poema de Manuel María e musicado por Baldomero Iglesias (Mero). Unha fermosa canción e un grupo fabuloso e admirable. Moi ben por todos vos, seguide sempre así.


Non canta na Chá ninguén, por éso, meu carro canta, canta o seu eixo tan ben que a señardade me espanta. Non hai canto tan fermoso: fino coma un asubío, anque é, as vegadas, saudoso faise no ar rechouchío. O meu carro é cerna dura: sábese carballo e freixo. iQué fermosa e a sua feitura! iQué lixereza a do eixo! As cousas vanse aledando por onde meu carro pasa. iCarrétame herba pro gando! iTraime a colleita pra casa!