Desde o Preguntoiro
Teo Cardalda F.
Patético Centenario
A
historia oficial da anexión do Concello de Vilaxoán non reflicte toda a verdade
do acontecido, tendo moi claro que naquelas datas da Restauración de 1913 o
pobo non pintaba ren, todo fíxose ás súas costas; foi un fito histórico de como
non deben facerse as cousas. A verdade é moi relativa, pero pódese achegar a
ela polo camiño do que dita o pobo.
Pasados
cen anos, volvemos a repetir a historia, caciques en 1913, caciques 2013. Non
se pode celebrar un Centenario coa ausencia do pobo, sen falar cos colectivos
que representan unha comunidade como Vilaxoán que antano foi Concello, tratar
de limar moitas sensibilidades, corrixir erros e suspicacias e non facer todo o
contrario botando gasolina ao lume.
O acto
foi patético, todo fíxose ás costas do pobo, para máis inri, o fixeron dentro
do bunker-concello arrodeado de medio cento de policías que parecía un estado
de sitio, onde as “autoridades o comeron e beberon eles sós. Fora non estaban
os ye-ye, senón os colectivos indignados contra a corrupción e a política de
recortes. Era unha “movida” parecida aos dos anos oitenta contra o
desmantelamento da industria naval, daquela cantábase “malos tiempos para la
lírica” de Golpes Bajos, canción composta por outro fillo indirecto de Vilaxoán
Teo Cardalda Gestoso. Non confundamos ye-ye dos anos sesenta e a “movida
reivindicativa dos anos oitenta, hai que ilustrarse moi ven musicalmente. O
venres pasado cantábase o himno de Vilaxoán o “non hai pan para tanto chourizo”
e as mulleres de Cuca: “Non nos moverán” . Seguen sendo malos tempos para a
lírica. ¿Existiu o venres pasado algunha diferencia da restauración dos anos
1913 á restauración borbónica de agora?. Soamente sepáranos o tempo e os Audis de alta gama blidados como os que levaban os da Xunta Feijóo e company.
Non estou
en contra dos eruditos historiadores, pero por veces comenten erros sen pensar
na idiosincrasia dun pobo como son : emotividade, sentimentalismo e
susceptibilidade. Non son historiador, se acaso un mal aficionado, porén, teño
abondo lido moitos documentos, escritas e poemas do meu bisavó Francisco Santos
Crespo que fora Secretario-Contador do Concello de Vilaxoán, onde levaba as
contas, deixándoo moi saneado e con superávit no final do Concello. Foi unha
persoa crítica coa anexión e logo defenestrado polo Concello de Vilagarcía pola
súa posición. Por iso eu tamén teño sentimentos, emotividade e orgulloso estou
por ser o seu bisneto e vilaxoanés de pro. Isto no quere dicir que non estea de
acordo nun vindeiro futuro coa concentración de concellos, pero xogar cos
sentimentos dunha vila que foi Concello, é intolerable..
Recomendo
a algunha persoa que sexa máis susceptible con Vilaxoán, nada temos que brindar
con champan nin temos que xogar ao axente 007; a cousa é moita máis seria do
que algún personaxe cre. Moitos dos que estiveron nese “bunker” neste Patético
Centenario tiñan que ler a letra dunha sonada canción de Xosé Afonso: “Grándola
vila morena - O povo é qem máis ordena”. Ese día ordenou a policía coas ordes
da “autoridade” competente e coa complicidade dun partido que tiña que estar co
pobo asoballado na rúa. ¿Esta é a “democracia” do ano 2013 ou da de 1913?. Non
o teño moi claro, poida ser que eses eruditos da historia aclárenmo sen
cambadelas.