xoves, 13 de decembro de 2012

Perlas humillantes




 
PERLAS HUMILLANTES
Teo Cardalda F.


    El copago supone cuatro cafés para los pensionistas”. “Los farmacéuticos son unos insolidariosHay dependientes que son unos francotiradores”. Estas son algunhas das perlas ditas polo conselleiro da Sra. da “peineta” Cospedal, José Echániz. Estes días volveuna a liar ao dicir que “los médicos operaban de más para cobrar peonadas”. Logo o director xeral da mesma comunidade de Castela- La Mancha Juan Manuel de la Fuente afirma: : “cuando despedimos hacemos un bien a la comunidad”.

    ¿ A quen temos gobernando neste país dos despropósitos?. Ninguén se explica tanta desvergoña. ¿Como é posible que estes elementos sigan ocupando eses cargos tan ben remunerados?.

    Os médicos agora está a cobrar peonadas; pode ser que cando a un enfermo o teñen para operar, o médico dille:.....agora que estamos coa operación de fígado, podemos seguir co corazón e logo coa da vexiga e se nos da tempo metémonos coa próstata. Manda carallo na Habana con chico; era a este a quen había que operar da próstata que ten na testa.

    Agora o despedir é facer un ben a comunidade, outro que baila no millo. Este director xeral xa non ten a próstata na testa, o que ten son os miolos no embigo. Polo ben da comunidade, déixase a xente na rúa sen casa e sen sustento, se detén e métese na cadea, permítese o fraude fiscal, privatizase a sanidade e o ensino e por riba somos un dos países máis corruptos do mundo mundial despois de Botswana. O que non aclaran estes señores a que clase de comunidade ou elite social fáiselle un ben.

   Todas estas frases son humillantes e insultantes, burlándose de todos nós, dos que condenan ao paro e a miseria e por desgracia quedaremos ante un destino incerto con estas políticas dos Chicago Boys que tanto lles gusta eliminar o sector público. O despedido polo privatizado.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario