Amosando publicacións coa etiqueta nula democracia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta nula democracia. Amosar todas as publicacións

xoves, 4 de abril de 2019

AS CLOACAS DE INTERIOR-VIDEO



OS SUMIDOIROS DE INTERIOR

   Agora vaise sabendo  da esterqueira e o fedor da "policía patriótica" deste país esperpéntico, aínda que xa o intuía ao ver o vídeo "Las Cloacas de Interior" xa fai preto de un ano.  A espionaxe sobre un líder político e o seu partido, sexa Podemos ou outros e de discrepancias ideolóxicas, todos son  feitos que deron no mesmo corazón da democracia, ou sexa, nun estado democrático san todo isto sería ilegal e algúns responsables xa estarían na cadea.
   É insoportable todo este fedor de podremia e corrupción a todos os niveis dentro dese partido do PP que xa foi condenado nos tribunais. Esa banda de delincuentes, capitaneados polo Ministro Fernández Díaz do ministerio de interior, dirección xeral da Policía, neste caso de comisarios e algúns deles inspectores. Para dirixir esta banda necesitaban un comisario franquista ate a medula Eugenio Pino e José Manuel Villarejo.
  Todo unha montaxe ao estilo franquista da BPS: fabricar contos, roubar teléfonos, mentir e manipular nos medios de información sen sequera contrastar a noticia. Neste país de pandeiro o Sr. Nixon seguiría gobernando, dimitiu en EEUU no caso Watergate con todos os seus responsables pescudados e encausados sendo moito menos grave que o podredoiro que temos nesta "Marca España" 
    ¿Ate cando temos que seguir agardando para coñecer toda esta podremia enquistada no poder? Xa tiña que estar xulgado o ministro Fernández Díaz a o igual que o expresidente do goberno que o nomeou e o mantivo sabendo do seu comportamento mafioso.
   Que non me veñan a dicir coa boca chea que teñen algúns políticos "constitucionalistas" que estamos nun estado de dereito, cando certos criminais son intocables ou inviolables. Chamar democracia borbónica a esta alturas é intolerable e non deixa de ser un insulto á intelixencia
   É moi preocupante o silencio do PP, PSOE e Ciudadanos sobre este gravisimo espionaxe policial. ¿Que teñen que ocultar tanto os socialistas como Ciudadanos? cando este feito  foi un golpe de estado en toda a liña de flotación da democracia.
Este é ese "Estado Profundo", mellor dito, a Marca España Profunda onde conviven  algúns policías corruptos, delincuentes comúns, as elites políticas, xudicatura e medios de comunicación, dispostos a todo para "salvar a España"ou, o que é o mesmo, para salvar este réxime que lles ben proporcionando poder e privilexios. Con isto tamén quero dicir que non todos sexan desta catadura moral, temos neste pais xente que cumpren co seu cometido honradamente, demócratas que son o que están ao pé do canón aguantando carros e carretas aos que se nomean eles mesmos como "constitucionalistas" e non cumpren a Constitución, eses que son os demócratas de postal.
Tamén non só son estes delincuentes os responsables, xa que non existirían si non fora por moita xente que seguen apoiando a esta caterva dos sumidoiros, sabendo de antemán as súas falcatruadas, ou son antidemócratas o non saben o que é democracia.



VIDEO MOI INTERESANTE ONDE SE PODE SABER ALGO SOBRE ESTE GOLPE Á DEMOCRACIA





Publicado en Galicia Dixital




sábado, 9 de marzo de 2013




Desde o Preguntoiro     
Teo Cardalda F.
Patético Centenario

    A historia oficial da anexión do Concello de Vilaxoán non reflicte toda a verdade do acontecido, tendo moi claro que naquelas datas da Restauración de 1913 o pobo non pintaba ren, todo fíxose ás súas costas; foi un fito histórico de como non deben facerse as cousas. A verdade é moi relativa, pero pódese achegar a ela polo camiño do que dita o pobo.

   Pasados cen anos, volvemos a repetir a historia, caciques en 1913, caciques 2013. Non se pode celebrar un Centenario coa ausencia do pobo, sen falar cos colectivos que representan unha comunidade como Vilaxoán que antano foi Concello, tratar de limar moitas sensibilidades, corrixir erros e suspicacias e non facer todo o contrario botando gasolina ao lume.

O acto foi patético, todo fíxose ás costas do pobo, para máis inri, o fixeron dentro do bunker-concello arrodeado de medio cento de policías que parecía un estado de sitio, onde as “autoridades o comeron e beberon eles sós. Fora non estaban os ye-ye, senón os colectivos indignados contra a corrupción e a política de recortes. Era unha “movida” parecida aos dos anos oitenta contra o desmantelamento da industria naval, daquela cantábase “malos tiempos para la lírica” de Golpes Bajos, canción composta por outro fillo indirecto de Vilaxoán Teo Cardalda Gestoso. Non confundamos ye-ye dos anos sesenta e a “movida reivindicativa dos anos oitenta, hai que ilustrarse moi ven musicalmente. O venres pasado cantábase o himno de Vilaxoán o “non hai pan para tanto chourizo” e as mulleres de Cuca: “Non nos moverán” . Seguen sendo malos tempos para a lírica. ¿Existiu o venres pasado algunha diferencia da restauración dos anos 1913 á restauración borbónica de agora?. Soamente sepáranos o tempo e os Audis de alta gama blidados como os que levaban os da Xunta Feijóo e company.

    Non estou en contra dos eruditos historiadores, pero por veces comenten erros sen pensar na idiosincrasia dun pobo como son : emotividade, sentimentalismo e susceptibilidade. Non son historiador, se acaso un mal aficionado, porén, teño abondo lido moitos documentos, escritas e poemas do meu bisavó Francisco Santos Crespo que fora Secretario-Contador do Concello de Vilaxoán, onde levaba as contas, deixándoo moi saneado e con superávit no final do Concello. Foi unha persoa crítica coa anexión e logo defenestrado polo Concello de Vilagarcía pola súa posición. Por iso eu tamén teño sentimentos, emotividade e orgulloso estou por ser o seu bisneto e vilaxoanés de pro. Isto no quere dicir que non estea de acordo nun vindeiro futuro coa concentración de concellos, pero xogar cos sentimentos dunha vila que foi Concello, é intolerable..

     Recomendo a algunha persoa que sexa máis susceptible con Vilaxoán, nada temos que brindar con champan nin temos que xogar ao axente 007; a cousa é moita máis seria do que algún personaxe cre. Moitos dos que estiveron nese “bunker” neste Patético Centenario tiñan que ler a letra dunha sonada canción de Xosé Afonso: “Grándola vila morena - O povo é qem máis ordena”. Ese día ordenou a policía coas ordes da “autoridade” competente e coa complicidade dun partido que tiña que estar co pobo asoballado na rúa. ¿Esta é a “democracia” do ano 2013 ou da de 1913?. Non o teño moi claro, poida ser que eses eruditos da historia aclárenmo sen cambadelas.