Malditos
sexan
Teo Cardalda F.
Malditos
sexan estes terroristas do lume, os activos e pasivos este últimos
de pisar moqueta, os que me están a roubar as miñas lembranzas
naqueles días de camiñadas con meu avó no monte, en días quentes
do estío dos veráns dos anos 60.
Malditos sexan estes bastardos, os que me deixan o monte e a terra queimada onde antano baixo a bóveda da noite chea de estrelas, xogaba cos amigos naqueles veráns onde secaban as corredoiras e camiños abondosos de lameiras no inverno.
Malditos sexan estes ruíns, os que me levaron desta terra xenerosa de altas montañas os tesouros inesgotables da fauna e da flora, que como cofres naturais gardaban riquezas inmensas, os que me levaron o ar fresco e veraniego, o recendo dos pinos, os escolleitos carballos e o relucente verdor dos toxos.

Malditos sexan para sempre, os que intentan trocar os meus valores, agora cada vez teño máis. Non quero escoitar o ruído dunha escavadora, dunha encofradora. Non quero cheirar o cemento e dáme sarabullo cando o toco; o formigón e o ladrillo a miña mente o rexeita.
Malditos sexan estes perversos, que lle prenden lume a nosa terra, aos nosos montes. Oxalá os seus netos cheguen a bailarlles enriba da súa tumba.
Remato con un verso de Federico García Lorca onde fala das “ pavesas”, que son os restrollos das cousas que arderon e que aínda non caeron no chan, aínda non son cinza, teñen un voo moi paseniño, pero teñen un destino fatal.
“Mujeres, derramad agua,
por favor;
cuando todo se quema,
solo las pavesas vuelan
al viento.”