¿Podemos?.
Pódese...
Teo Cardalda F.
Estas eleccións foron un torpedo en toda
liña de flotación a esa casta política do bipartidismo, unha base para que a
política fágase de abaixo arriba e non ao contrario. O triunfo dunha forza
política emerxente como Podemos, tráenos un pouco de ar fresco a este país para
converterse nunha ferramenta ao servizo da cidadanía, para intentar parar ese
dogmatismo económico desta casta política do sistema nacido en 1978. Casta
política que usa esta crise (estafa) para empobrecer a millóns de persoas e
facer máis ricas a unha poucas.
Non é soamente o triunfo de Pablo Iglesias,
senón o de centos de milleiros de cidadáns que cren na política como
instrumento para trocar as cousas e facer unha sociedade máis xusta, libre e
equilibrada.
Coido que temos tempo abondo para trocar o
curso deste sistema (ditatorial solapado) que nos afoga, por unha verdadeira
democracia. A caida do bipartidismo, comezou marcando un antes e un despois
para a formación dun fronte de esquerdas auténtico para devolver a ilusión
perdida á xente do común que está aldraxada, humillada e desprezada. Ou sexa, a
esquerda ten que trocar este país cunha grande alianza anticapitalista.
IU xa dixo que está disposta á formación dun
grande bloque de esquerdas con Podemos e calquera grupo que asuma un programa
político e social. Hai que superar esas diferencias partidarias e
nacionalistas, sen perder as súas esencias políticas. Está todo nas nosas mans
o cambio necesario para que a esquerda goberne xa dunha vez, para recuperar os
nosos dereitos e liberdades que nos roubaron estes que están ao servizo desas
portas xiratorias, onde se están a facerse ricos a conta da fame do pobo.
Fai falla aclarar malentendidos, respeto
mutuo e que todos atendan as razóns dos outros. Non hai presa por converxer;
trátase de facelo de maneira que as bases asuman que facelo é prioritario e que
elo esixe certas renuncias. Á esquerda o pobo lle está presentando en bandexa a
posibilidade dun Fronte Amplo. Se non se aproveita, non haberá outra.