Amosando publicacións coa etiqueta cloacas de interior. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cloacas de interior. Amosar todas as publicacións

xoves, 4 de abril de 2019

AS CLOACAS DE INTERIOR-VIDEO



OS SUMIDOIROS DE INTERIOR

   Agora vaise sabendo  da esterqueira e o fedor da "policía patriótica" deste país esperpéntico, aínda que xa o intuía ao ver o vídeo "Las Cloacas de Interior" xa fai preto de un ano.  A espionaxe sobre un líder político e o seu partido, sexa Podemos ou outros e de discrepancias ideolóxicas, todos son  feitos que deron no mesmo corazón da democracia, ou sexa, nun estado democrático san todo isto sería ilegal e algúns responsables xa estarían na cadea.
   É insoportable todo este fedor de podremia e corrupción a todos os niveis dentro dese partido do PP que xa foi condenado nos tribunais. Esa banda de delincuentes, capitaneados polo Ministro Fernández Díaz do ministerio de interior, dirección xeral da Policía, neste caso de comisarios e algúns deles inspectores. Para dirixir esta banda necesitaban un comisario franquista ate a medula Eugenio Pino e José Manuel Villarejo.
  Todo unha montaxe ao estilo franquista da BPS: fabricar contos, roubar teléfonos, mentir e manipular nos medios de información sen sequera contrastar a noticia. Neste país de pandeiro o Sr. Nixon seguiría gobernando, dimitiu en EEUU no caso Watergate con todos os seus responsables pescudados e encausados sendo moito menos grave que o podredoiro que temos nesta "Marca España" 
    ¿Ate cando temos que seguir agardando para coñecer toda esta podremia enquistada no poder? Xa tiña que estar xulgado o ministro Fernández Díaz a o igual que o expresidente do goberno que o nomeou e o mantivo sabendo do seu comportamento mafioso.
   Que non me veñan a dicir coa boca chea que teñen algúns políticos "constitucionalistas" que estamos nun estado de dereito, cando certos criminais son intocables ou inviolables. Chamar democracia borbónica a esta alturas é intolerable e non deixa de ser un insulto á intelixencia
   É moi preocupante o silencio do PP, PSOE e Ciudadanos sobre este gravisimo espionaxe policial. ¿Que teñen que ocultar tanto os socialistas como Ciudadanos? cando este feito  foi un golpe de estado en toda a liña de flotación da democracia.
Este é ese "Estado Profundo", mellor dito, a Marca España Profunda onde conviven  algúns policías corruptos, delincuentes comúns, as elites políticas, xudicatura e medios de comunicación, dispostos a todo para "salvar a España"ou, o que é o mesmo, para salvar este réxime que lles ben proporcionando poder e privilexios. Con isto tamén quero dicir que non todos sexan desta catadura moral, temos neste pais xente que cumpren co seu cometido honradamente, demócratas que son o que están ao pé do canón aguantando carros e carretas aos que se nomean eles mesmos como "constitucionalistas" e non cumpren a Constitución, eses que son os demócratas de postal.
Tamén non só son estes delincuentes os responsables, xa que non existirían si non fora por moita xente que seguen apoiando a esta caterva dos sumidoiros, sabendo de antemán as súas falcatruadas, ou son antidemócratas o non saben o que é democracia.



VIDEO MOI INTERESANTE ONDE SE PODE SABER ALGO SOBRE ESTE GOLPE Á DEMOCRACIA





Publicado en Galicia Dixital




mércores, 19 de xullo de 2017

"LAS CLOACAS DE INTERIOR"


"LAS CLOACAS DE INTERIOR"

Demoledor....Que máis ten que pasar?. Pero os medios seguro que non o poñen, porén, a TVE como ente público tiña que poñelo. Europa non se entera do que está a pasar neste país de pandeiro, que cando surxe un problema sempre falan de Venezuela.

Video que pode ser censurado en calquera intre






  Este video o están atacando de cando en vez, por iso parte das veces non aparece no bloc


  As malas prácticas e a corrupción no Ministerio do Interior a partir das gravacións entre o ministro Jorge Fernández Díaz e Daniel de Alfonso que revelou o diario Público en xuño de 2016. Con testemuño en exclusiva de dous comisarios e un sarxento da garda civil, desvela unha rede de intereses e corruptelas que vai máis aló da persecución aos inimigos políticos, que configura unha trama de favoritismos e corruptelas que implica a policías, xuíces, fiscais e empresarios: unha estrutura dentro do estado que ofrece os seus servizos aos máis poderosos. O documental repasa tamén as malas prácticas no Ministerio do Interior desde o inicio da transición 

Las malas prácticas y la corrupción en el Ministerio del Interior a partir de las grabaciones entre el ministro Jorge Fernández Díaz y Daniel de Alfonso que reveló el diario Público en junio de 2016. Con testimonio en exclusiva de dos comisarios y un sargento de la guardia civil, desvela una red de intereses y corruptelas que va más allá de la persecución a los enemigos políticos, que configura una trama de favoritismos y corruptelas que implica a policías, jueces, fiscales y empresarios: una estructura dentro del estado que ofrece sus servicios a los más poderosos. El documental repasa también las malas prácticas en el Ministerio del Interior desde el inicio de la transición