Apodrecida
“Marca España”
Teo Cardalda F.
Todo o que está
saír da corrupción: Gürtel. Bárcenas e outras herbas podres do
campo, ao final non puido manterse por máis tempo nos sumidoiros. A
bosta putrefacta non pode agocharse sempre, tarde ou cedo sempre
fede. Non encanto, todo o que está a saír desas augas fecais pouco
estáse a falar dos corruptores. Coido que sempre hai construtores,
entidades financeiras ou donos de grandes corporacións. Son eses
“chicos” que escarállanse os beizos de sorrisos dicindo que
temos que traballar máis e gañar menos e ter que ser como os
chinos. Estes “mozos listillos” quizais non saiban que en China
fusilan aos corruptos e corruptores. Ían a tela moi clara estes
“señoritos”. Segundo as novas estes mesmos señores son os que
acarreiraban ata o cumio do PP o diñeiro cru, o que non sei se en
billetes de 500 ou dos outros, para logo quedarse coa sanidade,
ensino en Madrid e outras Comunidades certas empresas.
Coido que xamais
na historia desta “democracia” xamais houbo un caso tan grave de
corrupción, en especial tan directamente ao Presidente do Goberno e
a Monarquía. Ante isto, toda esta tropa achéganse ao surrealismo e
esperpento emporcallando moito máis esta “festa” apodrecida.
Explícome: surrealista foi as declaracións do Sr. Rajoy, aos
xornalistas. Na sá onde tiña que estar para dar as declaracións e
quenda de preguntas dos xornalistas, acachoupouse na cova de Génova
e apareceu como un furricallo nun televisor de plasma sen preguntas
e enguedellando ao persoal.
Teñen máis cara
que un zapato vello o dicir que os delincuentes conspiradores son os
mestres, os médicos, os 15M que protestan pola degradación da
democracia, os xuíces, fiscais, bombeiros, mineiros, empregados do
metro, os fotógrafos que fan o seu traballo, os que escriben nas
redes sociais, xubilados, os que rouban para xantar e o tódolos
traballadores que maniféstanse contra estes faruleiros que pensan
que a maioría dos cidadáns somos uns galopíns.
Para eles todo é
mentira e todo é unha conspiración e que estamos todos contra eles.
Eles son os únicos conspiradores contra o pobo e contra a
democracia. O que teñen que facer é asumir a putrefacción, dimitir
convocando eleccións por ética política. Basta xa de tanta
carallada.