martes, 5 de febreiro de 2013

Apodrecida “Marca España”




Apodrecida “Marca España”

Teo Cardalda F.

     Todo o que está saír da corrupción: Gürtel. Bárcenas e outras herbas podres do campo, ao final non puido manterse por máis tempo nos sumidoiros. A bosta putrefacta non pode agocharse sempre, tarde ou cedo sempre fede. Non encanto, todo o que está a saír desas augas fecais pouco estáse a falar dos corruptores. Coido que sempre hai construtores, entidades financeiras ou donos de grandes corporacións. Son eses “chicos” que escarállanse os beizos de sorrisos dicindo que temos que traballar máis e gañar menos e ter que ser como os chinos. Estes “mozos listillos” quizais non saiban que en China fusilan aos corruptos e corruptores. Ían a tela moi clara estes “señoritos”. Segundo as novas estes mesmos señores son os que acarreiraban ata o cumio do PP o diñeiro cru, o que non sei se en billetes de 500 ou dos outros, para logo quedarse coa sanidade, ensino  en Madrid e outras Comunidades certas empresas.

    Coido que xamais na historia desta “democracia” xamais houbo un caso tan grave de corrupción, en especial tan directamente ao Presidente do Goberno e a Monarquía. Ante isto, toda esta tropa achéganse ao surrealismo e esperpento emporcallando moito máis esta “festa” apodrecida. Explícome: surrealista foi as declaracións do Sr. Rajoy, aos xornalistas. Na sá onde tiña que estar para dar as declaracións e quenda de preguntas dos xornalistas, acachoupouse na cova de Génova e apareceu como un furricallo nun televisor de plasma sen preguntas e enguedellando ao persoal.

     Teñen máis cara que un zapato vello o dicir que os delincuentes conspiradores son os mestres, os médicos, os 15M que protestan pola degradación da democracia, os xuíces, fiscais, bombeiros, mineiros, empregados do metro, os fotógrafos que fan o seu traballo, os que escriben nas redes sociais, xubilados, os que rouban para xantar e o tódolos traballadores que maniféstanse contra estes faruleiros que pensan que a maioría dos cidadáns somos uns galopíns.

     Para eles todo é mentira e todo é unha conspiración e que estamos todos contra eles. Eles son os únicos conspiradores contra o pobo e contra a democracia. O que teñen que facer é asumir a putrefacción, dimitir convocando eleccións por ética política. Basta xa de tanta carallada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario