O Esperpento da Xunqueira
Teo Cardalda F.
Non sei que chamarlle ao feito acontecido estes días
no Concello de Vilagarcía de Arousa, se esperpento ou paranoia, aínda que os dous cualificativos
válenme. O Alcalde Sr. Fole mandou talar unha morea de árbores no Parque da
Xunqueira con aleivosía e case nocturnidade. Coido que o Sr. Alcalde ten metido
nos miolos que a cidade é o seu coto privado, o digo pola sinxela razón que non
tivo a ética “democrática” de consultar
co pobo e con toda a oposición, alegando que tiña os informes dos técnicos para
actuar desa maneira. Ao día de hoxe aínda non presentou ningún informe que
avale a súa esperpéntica actuación.
Non dubido que algunhas árbores
puideran estar podres para talar e logo repoñer, pero chegar á desfeita do que
se fixo, é de tolos. Foi un acto ditatorial, unha arroutada que recórdame a
tempos de “Paca la Culona” (sic).
Lembro cando o seu xefe que reside en “La
Moncloa”, dixo en 2008 que cando el gobernara ía plantar 500 millóns de
árbores. Pero como moitos sabemos que todo o seu programa era mentira e seguen
facendo todo o contrario do que dixo, o noso Sr. Alcalde tamén segue o mesmo camiño do cinismo e
mentiras, en vez de plantar as árbores os tala. Son semellantes aos pensamentos
daquel tolo e xenocida chamado Bush de
tristes recordos, cando dixo:....”para rematar cos incendios tiñamos que talar
as árbores”.
A realidade ao final, cando se tira do fío,
sempre descúbrese que detrás de calquera ataque á natureza hai intereses
bastardos, aínda que teñan que cargarse parques, bosques, ríos ou especies
enteiras.
Pode ser que o Sr. Alcalde segue co que
dicía Rajoy, aquilo de: “raíces profundas de la recuperación “, e ao ver tantos
brotes verdes, tirouse á Xunqueira e
liouse como un poseso a talar. !Arredemo para o señorito¡.