A
FOLGA DO 14 N
O 14 de novembro tódolos sindicatos,
asociacións e movementos sociais convocaron unha folga xeral que por primeira
vez non será só española, senón que está convocada en unha morea de países
europeos. Non soamente trátase de facer a folga, tamén o de encher as rúas con
manifestacións .
Xamais estiven tan de acordo ao longo da
miña vida con esta mobilización, pois a considero xusta ante este
neoliberalismo que nos queren impoñer, tanto desde Europa como deste goberno
que asemella a unha máquina de crear despidos a “tutiplé”, de crear moito dolor
humano e mentindo como cosacos.
É un goberno que está deslexitimado desde o
intre en que fixo todo o contrario do que prometeu facer. Un goberno que
goberna contra a cidadanía. Un goberno que comeza reprimir antidemocráticamente
calquera protesta pacífica do pobo indignado por todos os abusos que están
facendo.
Como un “yayo” máis, mobilizareime ese día
por ter unha Ministra de Emprego que pide axuda á virxe do Rocío cando nestes
intres o paro chega a niveis xamais nunca vistos. Esta muller fai uns días dixo
que comezamos a saír da crise, cando este pasado mes de outubro chegou o paro a
128.200 persoas. Esta Señora non di máis que necidades con insultos á intelixencia.
Por estar deixando este país como “El Gallo
de Morón”, vendéndoo por anacos aos seus parentes e amigos.
¿ Volve a resucitar o esperpento
Valleinclaniano nesta “Marca España”?.
Artigo publicado en Diario de Arousa e Galicia Dixital
Artigo publicado en Diario de Arousa e Galicia Dixital
Ningún comentario:
Publicar un comentario