sábado, 10 de novembro de 2012

"De que se rie Sr. Ministro". Canción de Quintín Cabrera


Teo Cardalda F.

"De que se rie Sr. Ministro". Canción de  Quintín Cabrera


     Debe facer máis de trinta anos que o amigo e camarada Quintín Cabrera deixounos unha canción coa letra de Mario Benedetti: "de que se rie Sr Ministro". Canción que hoxe segue máis vixente que nunca.
     Tiven a sorte e síntome moi orgulloso de que Quintín dérame a súa amizade cando o coñecín xa hai máis de vinte anos. Un día que viñera a Vilagarcía de Arousa, despois de actuar, estivemos falando do humano e do divino. Esa noite aprendín moito del. Acadei reforzando eses valores da vida, os éticos e os morais.


"Casi, casi una vida, compañeiro Quintín"
    Foi un cantautor que milleiros de veces prestou a súa voz na loita polas causas que o merecen, fixo do compromiso a súa lei de vida, en el todo era solidaridade e un berro contra as inxustizas do pobo coa súa canción ética e estética.
    Hoxe, ante este fascismo que ven a marchas forzadas e a estafa económica que está a sufrir opobo, esta canción ten un valor moi importante despois de trinta anos.
div> Entrevista a Quintín no ano 2007 "Ya no hay una cultura de izquierdas y todo se mide por la tiranía de mercado" ---------------------- Biografía

Ningún comentario:

Publicar un comentario