Amosando publicacións coa etiqueta cultura si mausoleo non. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cultura si mausoleo non. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de outubro de 2012

Palabras que pronunciou Xesús Redondo Abuín no nome de Cultura si, Mausoleo non na xira con Leo Bassi ó Monte Gaiás.




Xesús Redondo Abuín

Palabras que pronunciu Xesús R. no nome de Cultura si, Mausoleo non na xira con Leo Bassi ó Monte Gaiás.  16/10/2012:

Xesús e Marcelino Camacho
 ..“Hai un dito mariñeiro que é o seguinte: Eu casei na montaña, pensando que había pan, e o forno de miña sogra, cría silvas polo verán. Vai ser o conto do Gaiás: volverá ser un codesal. Un tupido codesal. Movéronse dous millóns de toneladas de terra e dilapidáronse xa máis de catro centos millóns de euros para nada. Para nada de nada. Foi a extravagancia soñada por un canalla de Estado, por un gran canalla de Estado. Pero haber hai tres partidos culpables deste delito perpetrado contra os descalzos: PP, PSOE e BNG. O PSOE e o BNG levaban no seu programa o compromiso de parar o dispendio. Pero facer fixeron todo o contrario: a Xunta do PP enterrou aquí máis de douscentos millóns de euros e o Bipartito enterrou outros tantos. Sen o máis mínimo reparo. Con todo o entusiasmo. O BNG chegou a converter á súa Conselleira Ánxela Bugallo na Silvana Mangano do Gaiás. Os tres partidos implicados no desbarate consumado no Gaiás son igual de culpables. E deberían topar nas urnas o día 21 a forma do seu zapato. Teñen ben ganado o zapatazo electoral”... Na xira da tarde relevarame Xan Carlos Ansia.
Xesús é un gran camarada, compañeiro e amigo desde aquela "Longa Noite de Pedra".