martes, 23 de outubro de 2012

PATENTE DE CORSO, ELECIÓNS GALEGAS


 
 
PATENTE DE CORSO

 
Teo Cardalda F.
 
    Galicia segue sendo a mesma, a reserva secular masoquista de Occidente. Gústanos que nos azurren co látego no lombo e por sistema pedimos máis. Dá igual que privaticen a sanidade, que se desprece a cultura, estouren o ensino, boten polo sumidoiros o benestar social e esnaquicen a economía.
 
    Que máis da que o PP perdera 140.000 votos, o PSOE e o Bloque tamén baixaron, o máis triste de todo e ver o porcentaxe de abstención, nulos e e branco que chega ata o 39 por cento, ou sexa, de 73 de cada 100 persoas con dereito a voto non votaron ao PP, non encanto, teñen maioría absoluta e con menos votos aumentan escanos. Algo falla nesta Lei Electoral, por iso o castigo ao PSOE en perpetuar esa Lei Electoral inxusta que puido trocala cando puido e non quixo. Lei que sempre favorece ao bipartidismo, agora está probando non seu lombo a súa propia medicina.
    Non encanto, a sorpresa foi a entrada no Parlamento dunha nova forza política con nove deputados. Unha Alternativa Galega de Esquerdas liderada por Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz que chegaron a ilusionar aos electores con alternativas novas e realizables que queren intentar desde ese parlamento, converténdose nese motor de cambio que a maioría da sociedade necesita. Acadar que entre un ar democrático que hoxe está viciado e narcotizado e rematar con ese anacronismo desta Lei Electoral putrefacta. Coido que o Sr. Feijóo terá unha mosca “cojonera” en AGE, contra esas políticas neoliberais e a “troika” de estafadores.
    Agora desde Madrid algúns dirixentes de o PP xa falan de patente corso para levar adiante máis recortes sociais ante esa maioría en Galicia, quizais non conten con esa abstención que a maioría son desencantados desta “democracia” fedenta e de algúns políticos. Non van a ter moi doado esa patente de corso con AGE nas institucións galegas.
    Xa que o ministro do Interior pediulle ao Papa que rezara por España, Tamén debeu dicirlle que rezara polos galegos de malos pensamentos.

Publicado en Galicia Dixital e Dirio de Arousa 
 
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario