martes, 2 de outubro de 2012

DETERIORACIÓN DEMOCRÁTICA

DETERIORACIÓN DEMOCRÁTICA

Teo Cardalda F.


Ante os acontecementos políticos extremadamente graves para este país, teño que dicir que, non soamente temos unha estafa económica, senón que, a “democracia” vaise polos sumidoiros, ou sexa, unha crises de valores democráticos de consecuencias imprevisibles.
Non podo crer a onde pode chegar a mentira e o cinismo da Delegada do Goberno en Madrid Cristina Cifuentes, dicindo que na manifestación do sábado 15-S só había 65.000 persoas. Estiven alí e foi impresionante, falase de preto dun millón de persoas. O que tiña que facer a Delegada era mobilizar a súa policía para atopar ao seu marido Javier Aguilar que supuestamente está en busca e captura e deixando de perseguir policialmente a cidadáns pola súa ideoloxía.

Unha das reivindicacións da manifestación foi contra os recortes impulsados polo goberno e participación nas decisións políticas se queremos salvar a democracia, xa que neste intre o modelo de estado é inviable, estamos arrodeados de nepotismo e corrupción imposto por unha oligarquía de partidos, en especial ese bipartidismo que vimos padecendo desde hai anos que sempre estiveron ao carón das oligarquías financeiras e poder xudicial.

Toda esa estafa financeira nada ten que ver cos soldos nin pensións abondo altas, pois o 60 por cento dos traballadores en activo gaña menos que 1000 euros e a pensión media é de 785 euros, o 63 por cento da media de Europa. Non se pode permitir por máis tempo esta desfeita da corrupción que minimiza a democracia. ¿Por qué usouse o diñeiro dos españois (FROB) para salvar a banca en vez de agardar os fondos de Europa?. A única razón posible sexa que os bancos non queren que EU pescude as súas contas. Bancos que case están na bancarrota e seguen ríndose de nós como se fóramos marionetas.

A onde chega o déficit democrático que teño que saber das novas de España polo estranxeiro, pois a TVE aseméllase ao NODO.

Publicado en Diario de Arousa e Galicia Dixital

Ningún comentario:

Publicar un comentario