Amosando publicacións coa etiqueta evangelistas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta evangelistas. Amosar todas as publicacións

mércores, 20 de novembro de 2019

OS FUNDAMENTALISTAS RELIXIOSOS E O FASCISMO






OS FUNDAMENTALISTAS RELIXIOSOS E O FASCISMO


Xa eramos poucos e pariu a avoa, o digo por aquilo de todos contra un posible goberno de PSOE Unidas Podemos. Agora saen os Bispos que falan de “opinións escuras” e outros receos, Xa está ben de tanta permisividade coa Igrexa neste país en teoría “laico”.

¿Cal é o problema?. ¿Temen a perder as grandes subvencións e colexios concertados e pagar o IBI máis xusto?. Pois cada vez que escoito dicir a estes “representantes de Deus na terra” que, as familias teñen o dereito libremente a escoller a educación. Estou de acordo que sexa libremente e cada quen que pague os colexios privados ou concertados do seu bolso, cousa que estes últimos son pagados con cartos dos nosos impostos. Por iso digo que se ten que denunciar o Concordato co Vaticano que segue sen revisar desde o 13 de xaneiro de 1979. En vez de ollar tanto o que poida facer un goberno de progreso neste país, tiñan que ollar o que está pasando cunhas setas relixiosas achegadas ao cristianismo que están imperando e rondándonos ao pé da nosa casa como está pasando en América Latina, en especial nestes intres en Bolivia; cousa que aínda nada oímos a estes Bispos condenar a masacre golpista nese país suramericano.
Agora que estou escribindo, estou vendo as barbaridades que están a pasar en Bolivia cun golpe de estado (que aínda España non condenou) sanguento, e escoito que todo eses responsables dese golpe son uns fanáticos relixiosos evanxelistas preto de movementos ultraconservadores. Agora están a pasear en esta Bolivia golpista eses símbolos relixiosos e militares, igual ao que pasou en Brasil de Bolsonaro e nos Estados Unidos de Trump; semellante á Italia de Musolini e á de España de Franco e vemos como se van anquilosando na sociedade máis vulnerable.
Estes fanatismo fundamentalista relixioso achegado a eses movementos ultraconservadores, normalmente convértense políticamente en algún tipo de fascismo en distintas formas, cousa que agora os temos no parlamento no Estado Español e apoiados en algunhas comunidades autónomas por eses neoliberais conservadores.


 Imos ter que estar moi atentos xa que a violencia, intolerancia, a xenofobia, homofobia e ese odio a quen non pense como eles, pode traer un fascismo de moi malos e nefastos recordos sanguentos da Europa dos anos 30-40 e de España durante 40 anos. Toda esta intolerancia produce violencia e morte e está rondándonos, non soamente á volta da cada rúa, senón dentro do salón da nosa casa. Algo terán que dicir a todo isto eses Bispos do noso país, aínda que algúns deles saen con declaracións de cavernas que asemellan a estes fundamentalistas, por iso pouco ao nada podemos agardar destes “representantes de Deus na terra”.


Editado en:
 https://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.24018.php




Teo Cardalda F.