Amosando publicacións coa etiqueta escrache. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta escrache. Amosar todas as publicacións

martes, 16 de abril de 2013

Agora Imos de Nazismo





Agora Imos de Nazismo
Teo Cardalda F.
 

      Cada vez que algún alto cargo do PP abre a boca, abrolla a “caspa” e o seu ADN do seu querido partido e volve a xurdir un novo esperpento de “marca España”.

    Hai uns días a Dolores Cospedal reafirmouse en que os “escraches” de afectados pola hipoteca son “puro nazismo ou fascismo”. Coido que alguén que teña un alto cargo político tiña que ter un anaco máis de cultura e saber un pouco de historia para non botar a lingua a pastar como as vacas.

   Á Sra. Mariloli pódeselle dar unha lección de historia para saber o que significa o nazismo; quizais lembrándolle un pouco da historia do seu partido (partido que aínda non condenou o franquismo) poida darse conta e peche a boca non insultando á intelixencia da cidadanía con tanta trola e cinismo. Por si non cre o que vou a dicir, pode acudir ao Rexistro Xeral de Asociacións Políticas, onde aparece a ficha de AP que é a mesma que o PP, acudindo en 1977 ás primeiras eleccións democráticas con aqueles “sete magníficos”, seis exministros de Franco e un exgobernador civil. A personalidade xurídica do PP é a continuadora directa daquelas datas, defendendo o Réxime anterior e o seu mantemento, con algunhas variantes.


    Acudindo ás Hemerotecas a ilustrarán de que a España de entón formou parte daquel “eje” político coa Alemaña nazi e a Italia fascista, axudou coa División Azul ás SS do xenocida Himmler, colaborou coa Gestapo para asasinar e levar a campos de concentración a exiliados españois, uníndose ideoloxicamente contra as democracias occidentais, por iso a Ditadura española foi condenada pola ONU en 1946. Iso é nazismo.

    ¡Coidado Sra. Mariloli!. Non emporcalle moito máis a mediocridade que impera no seu partido que lévanos por corredoiras sen saída, non mencione máis a “bicha” que da arrepío e fai estarrecer á xente de ben. 

  Sinto vergoña e noxo de vivir nestes momentos en España, onde seguimos cunha morea de “casposos” e de políticos esperpénticos que lévannos a ningures.
 
 
 

 

martes, 2 de abril de 2013

Apupar (Escrache)


Apupar (Escrache)
Teo Cardalda F.
 

     Nestes intres segundo as estatísticas, en España hai tres millóns de persoas na máis extrema pobreza; seis millóns de parados e centos de milleiros que non reciben ningún ingreso para a súa supervivencia. Non encanto, os executivos do IBEX repártense 135 millóns de euros, a corrupción aflora en casos de xente da clase política e poderosa que roubaron do carto público. Unha banca irresponsable recibindo miles de millóns de euros dos impostos dos cidadáns, onde o goberno actúa con toda a crueldade contra todo aquel que proteste.


    Non se pode ser tan vil, rastreiro, furricallo e con miolos apodrecidos, para cualificar aos da Plataforma de Afectados pola Hipoteca e aos das Preferentes, concretamente polo apupar (escrache), de persoas preto ao entorno de ETA . Este goberno está chegando a tódolos despropósitos, eles son os responsables do que lles está pasando intentado ante a opinión pública (coa axuda dos mercenarios dos medios) ser vítimas, sendo os causantes do apupar que lles están a facer.

   Este goberno está facendo apupar a esta “democracia”, fixéronos apupar nas prazas, nas rúas, centos e centos aos cidadáns con violencia policial a golpes de porra, pelotas de goma, patadas e detencións indiscriminadas, recortes, insultos desde o Parlamento berrando “que nos jodamos”, insultos á intelixencia e decretos leis. Permiten o apupar aos cidadáns dunha banca apodrecida e miserable impoñendo unha lei inxusta, xa o dixo Bruxelas da inxustiza desta lei. Ou sexa , este goberno leva facendo apupar un día tras outro e con decretos leis cada venres de “pasión”. De tanta indignación, non tardou en chegar esa organización de protestas nos despachos e domicilios de algúns políticos que consideran responsables da política económica que nos leva a un pozo sen fondo.


   Agora saen criminalizando o apupar, facendo unha cortiña de fume para desviar a corrupción que leva dentro do seu bandullo o partido de goberno. Non teñen ningún interese en atopar a solución ao orixe destas protestas, seguen dándolle largas á realidade, seguen chamándonos criminais en vez de cidadáns. Seguen aumentado a pobreza, desigualdade e o paro. Seguen deixando que á xente os estafen a voten á rúa e os verdadeiros ladróns andan soltos, ata inclusive o Bárcenas pode escoller xuíz.