Apupar (Escrache)
Teo Cardalda F.
Nestes intres segundo as estatísticas, en
España hai tres millóns de persoas na máis extrema pobreza; seis millóns de
parados e centos de milleiros que non reciben ningún ingreso para a súa
supervivencia. Non encanto, os executivos do IBEX repártense 135 millóns de
euros, a corrupción aflora en casos de xente da clase política e poderosa que
roubaron do carto público. Unha banca irresponsable recibindo miles de millóns
de euros dos impostos dos cidadáns, onde o goberno actúa con toda a crueldade
contra todo aquel que proteste.
Non se pode ser tan vil, rastreiro,
furricallo e con miolos apodrecidos, para cualificar aos da Plataforma de
Afectados pola Hipoteca e aos das Preferentes, concretamente polo apupar
(escrache), de persoas preto ao entorno de ETA . Este goberno está chegando a
tódolos despropósitos, eles son os responsables do que lles está pasando
intentado ante a opinión pública (coa axuda dos mercenarios dos medios) ser
vítimas, sendo os causantes do apupar que lles están a facer.
Este goberno está facendo apupar a esta
“democracia”, fixéronos apupar nas prazas, nas rúas, centos e centos aos
cidadáns con violencia policial a golpes de porra, pelotas de goma, patadas e
detencións indiscriminadas, recortes, insultos desde o Parlamento berrando “que
nos jodamos”, insultos á intelixencia e decretos leis. Permiten o apupar aos
cidadáns dunha banca apodrecida e miserable impoñendo unha lei inxusta, xa o
dixo Bruxelas da inxustiza desta lei. Ou sexa , este goberno leva facendo
apupar un día tras outro e con decretos leis cada venres de “pasión”. De tanta
indignación, non tardou en chegar esa organización de protestas nos despachos e
domicilios de algúns políticos que consideran responsables da política
económica que nos leva a un pozo sen fondo.
Agora saen criminalizando o apupar, facendo
unha cortiña de fume para desviar a corrupción que leva dentro do seu bandullo
o partido de goberno. Non teñen ningún interese en atopar a solución ao orixe
destas protestas, seguen dándolle largas á realidade, seguen chamándonos
criminais en vez de cidadáns. Seguen aumentado a pobreza, desigualdade e o
paro. Seguen deixando que á xente os estafen a voten á rúa e os verdadeiros
ladróns andan soltos, ata inclusive o Bárcenas pode escoller xuíz.