Agora Imos
de Nazismo
Teo Cardalda F.
Cada vez que algún alto cargo do PP abre a boca, abrolla a “caspa” e o
seu ADN do seu querido partido e volve a xurdir un novo esperpento de “marca
España”.
Hai uns días a Dolores Cospedal reafirmouse en que os “escraches” de
afectados pola hipoteca son “puro nazismo ou fascismo”. Coido que alguén que
teña un alto cargo político tiña que ter un anaco máis de cultura e saber un
pouco de historia para non botar a lingua a pastar como as vacas.
Á
Sra. Mariloli pódeselle dar unha lección de historia para saber o que significa
o nazismo; quizais lembrándolle un pouco da historia do seu partido (partido
que aínda non condenou o franquismo) poida darse conta e peche a boca non
insultando á intelixencia da cidadanía con tanta trola e cinismo. Por si non
cre o que vou a dicir, pode acudir ao Rexistro Xeral de Asociacións Políticas,
onde aparece a ficha de AP que é a mesma que o PP, acudindo en 1977 ás
primeiras eleccións democráticas con aqueles “sete magníficos”, seis
exministros de Franco e un exgobernador civil. A personalidade xurídica do PP é
a continuadora directa daquelas datas, defendendo o Réxime anterior e o seu
mantemento, con algunhas variantes.
Acudindo ás Hemerotecas a ilustrarán de que a España de entón formou
parte daquel “eje” político coa Alemaña nazi e a Italia fascista, axudou coa
División Azul ás SS do xenocida Himmler, colaborou coa Gestapo para asasinar e
levar a campos de concentración a exiliados españois, uníndose ideoloxicamente contra
as democracias occidentais, por iso a Ditadura española foi condenada pola ONU
en 1946. Iso é nazismo.
¡Coidado Sra. Mariloli!. Non emporcalle moito máis a mediocridade que
impera no seu partido que lévanos por corredoiras sen saída, non mencione máis
a “bicha” que da arrepío e fai estarrecer á xente de ben.
Sinto vergoña e noxo de vivir nestes momentos en España, onde seguimos
cunha morea de “casposos” e de políticos esperpénticos que lévannos a ningures.
Ningún comentario:
Publicar un comentario