Amosando publicacións coa etiqueta crise. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta crise. Amosar todas as publicacións

venres, 13 de decembro de 2019

UNHA ESTAFA EMPORCALLADA




UNHA ESTAFA EMPORCALLADA
Xa comezan a meter o medo no corpo á xente do común de que ven unha crise económica. Nola venden como unha desfeita, porén, non deixa de ser outra “estafa” ao pobo como a que fixeron no 2008 o PP e o PSOE, (lembremos que aínda os bancos non pagaron os 60 mil millóns de euros ao pobo) sendo estes dous partidos que reformaron o artigo 135 con nocturnidade e aleivosía.
 Esta “estafa” ten os seus obxectivos moi perversos contra os cidadáns, virán a por nós, volverán a esnaquizar e seguir apertando o parafuso dúas ou tres voltas máis ata saber onde podemos chegar sen alporizarnos.
Qérennos calar a boca. Lei Mordaza
Seguirán recortando e privatizando a educación e a sanidade, por iso están a falar de que non se pode modificar a reforma laboral nin tampouco a Lei Mordaza; lei esta que lles serve para incriminar á xente do común a base de malleiras e multas, usando as forzas represivas para meternos medo se protestamos ante as inxustizas que está a cometer. Están a acadando que sexamos moito máis vulnerables e pobres, e todo isto o teñen que manter. Ou sexa, trataran de trocar para non trocar nada.
Escoitaremos eses eufemismos tan “fermosos” aos que nos teñen adoitados: Baixar os impostos directos aos ricos e manter ou subir os indirectos como o IVA ou calquera taxa á cidadanía, a isto lle chaman: “estimular a economía”. Baixada de soldos: “competitividade”. Máis horas de traballo: “produtividade”. Despedimento barato: “incentivar o emprego”. Logo intentaran outra vez a outra “estafa” tapando ocos da banca para dicirnos outra mentira: ……"se cae o sistema financeiro e peor". Resumindo,
privatizar o que aínda queda tratando de alongar a idade de xubilación e baixar as pénsións públicas para satesfacer á banca en pensións privadas.



https://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.24177.php

Teo Cardalda F.