UNHA ESTAFA EMPORCALLADA

Esta “estafa” ten os seus obxectivos moi
perversos contra os cidadáns, virán a por nós, volverán a esnaquizar e seguir
apertando o parafuso dúas ou tres voltas máis ata saber onde podemos chegar sen
alporizarnos.
Seguirán recortando e privatizando a educación e a sanidade, por
iso están a falar de que non se pode modificar a reforma laboral nin tampouco a
Lei Mordaza; lei esta que lles serve para incriminar á xente do común a base de
malleiras e multas, usando as forzas represivas para meternos medo se
protestamos ante as inxustizas que está a cometer. Están a acadando que sexamos
moito máis vulnerables e pobres, e todo isto o teñen que manter. Ou sexa,
trataran de trocar para non trocar nada.
![]() |
Qérennos calar a boca. Lei Mordaza |
Escoitaremos eses eufemismos tan
“fermosos” aos que nos teñen adoitados: Baixar os impostos directos aos ricos e
manter ou subir os indirectos como o IVA ou calquera taxa á cidadanía, a isto
lle chaman: “estimular a economía”. Baixada de soldos: “competitividade”.
Máis horas de traballo: “produtividade”. Despedimento barato: “incentivar
o emprego”. Logo intentaran outra vez a outra “estafa” tapando ocos da
banca para dicirnos outra mentira: ……"se cae o sistema financeiro e peor". Resumindo,
privatizar o que aínda queda tratando de alongar a idade de xubilación e baixar as pénsións públicas para satesfacer á banca en pensións privadas.
privatizar o que aínda queda tratando de alongar a idade de xubilación e baixar as pénsións públicas para satesfacer á banca en pensións privadas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario