O vello non da morto e o novo non
remata de nacer
O que está
acontecendo en Cataluña é un reflectir
da crise do sistema do réxime de 1978, por un bipartidismo que acompaña
a esa terceira pata que é a monarquía, son os únicos responsables desta forma
de facer política corrupta e clientelismo. Polo tanto, trátase dunha crise de
sistema cunha corte de parásitos corruptos (“abarroteros, empeñistas, chulos
de braguetazo, patriotas jactanciosos, doctores sen reválida, periodistas
hampones e aduladores". Así nomeaba aos corruptos na súa obra Tirano Banderas D. Ramón del Valle-Inclán en 1926)
Hoxe estamos nunha
etapa histórica para avanzar por unha verdadeira democracia, na que se protexan
os dereitos fundamentais dos cidadáns: liberdade, igualdade, fraternidade e
xustiza social, dereitos todos eles esnaquizados e con unha Constitución
prostituída por unha clase política gobernante vendida ao máis noxento,
detestable e criminal neoliberalismo salvaxe e o poder económico herdeiro do
réxime franquista interesado nesta manobra, perdurando a Constitución de 1978,
cousa que foi unha farsa (din o vellos “rokeros políticos” que non tiñamos
outra alternativa) da que hoxe estamos pagando abondo con creces.
Agora Tanto O PP,
PSOE e outro partido nacido da extrema dereita de nome Ciudadanos, ante o
xurdido en Cataluña falan de trocar a Constitución. Aínda teño na miña mente
aquel día da votación en 1978, tiña a sensación que aquilo xa comezaba a ter un
fedor que lembro aquilo de: polo pobo, para o pobo pero sen o pobo. A cidadanía
nun estado democrático, ten o dereito a decidir e polo tanto o pobo dirá o que
queira que sexa este país. Intentaran entre os tres partidos facer unha
“reforma” constitucional para lavar a cara, ou sexa, se non queres unha cunca
de caldo bebes dúas. Estamos ancorados no pasado, o vello non da morto e o novo
non remata de nacer, non hai maneira...........
O “aparatik” dos tres
partidos queren pechar en falso tanto o de Cataluña e do país enteiro, perdendo
unha oportunidade de consultar ao pobo a modernización do estado español,
seguirán de costas á cidadanía como fixeron co artigo 135 da Constitución,
trocado con nocturnidade e aleivosía en favor da banca e contra a maioría dos
cidadáns españois, agora tamén co 155 aplicado en Cataluña sen intentar sequera
un diálogo.
Teño a sensación que
lle teñen medo á democracia e ao pobo. ¿Porque non llo consultan á cidadanía
nun referendo?.