Amosando publicacións coa etiqueta Vilagarcia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Vilagarcia. Amosar todas as publicacións

luns, 18 de abril de 2016

Tres grandes intelectuais na Vilagarcía de Arousa de principios do século XX


Tres grandes intelectuais na Vilagarcía de Arousa de principios do século XX.

Xabier del Valle-Inclán e Teo Cardalda F.

Isto é  un traballo de pescuda no 150 aniversario do nacemento de Ramón del Valle-Inclán, onde relátase as abondosas estancias do universal escritor dos esperpentos cos seus amigos : o escritor guatemalteco Gómez Carrillo e o xornalista galego Vicenti.


















mércores, 1 de maio de 2013

Outro Pleno Esperpéntico

Outro Pleno Esperpéntico

 Teo Cardalda F.
  

    O pasado luns no Concello de Vilagarcía de Arousa tivemos outro pleno esperpéntico. Esta vez algo insólito despois de máis de trinta anos de “democracia”, a policía identificou e rexistrou nunha lista aos asistentes. O Alcalde Sr. Fole xustificou esta medida por razóns de seguridade.
2009-03-16_IMG_2009-03-09_21_50_26_aro4fole   Pode ser que todo isto pódese considerar como anticonstitucional e xa  estamos fartos de coartar a liberdade por mor da seguridade, parece que o Sr. Alcalde confunde seguridade coa liberdade do cidadán a estar no pleno por asuntos que lles compete.
   Cando non se escoita aos cidadáns, cando non se recibe aos colectivos para falar ou consensuar decisións importantes para a cidade, iso non é democracia, son decisións que lémbranme tempos pasados daquela “longa noite de pedra”. O único que está a facer o Sr. Alcalde e demonizar e criminalizar as protestas dos cidadáns con unha “lista negra” como se estiveramos nunha época nazi, coartando ás persoas a estar no pleno.
PLENO MUNICIPAL CONCELLO VILAGARCIA /2011-06-19_IMG_2011-06-19_00_31_48_ar1   O Sr. Alcalde di: "que están a crearlle  os veciños e colectivos  nos plenos    guirigays”. A “democracia” non é soamente que lle voten cada catro anos e logo actuar con patente de corso para facer o que lle pete dos “cataplines” (como dicía o socio do goberno municipal noutro esperpéntico pleno hai uns meses o Sr.  "Sheriff" da cidade). Democracia é atender na lexislatura os problemas que veñen xurdindo ao longo de todo ese tempo, chamar aos afectados e expoñer tódolos puntos de vista para chegar a un acordo e levalo a cabo. Xamais o Alcalde tería esas protestas se non actuara como un pequeno ditador, se atendera as peticións ou consensos para tomar decisións que afecten a unha boa andaina da cidade. Soamente hai un único culpable ante a posición intransixente do goberno de Vilagarcía, ese é o Sr. Alcalde que crese un Deus na compaña dos seus fieis santos cun Judas Escariote.
  Dáme a sensación que a filosofía que practica o Sr. Alcalde, concorda coa que estamos a sufrir coa mediocridade do goberno da nación. Goberno que lévannos ao desastre, en todas as variantes dos valores éticos, morais e económicos.
   Nunha democracia, a cidadanía de ben ten todo dereito a protestar ante as inxustizas dos seus mandatarios, en especial cando non cumpren as súas promesas electorais e convértense en prepotentes e ditadores. Tamén pode acontecer que sufra impotencia e mediocridade para rexir o Concello, ou non saiba as súas limitacións. Entón o que ten que facer é dimitir, irse para a casa e punto pelota.   
 

mércores, 14 de novembro de 2012

Folga xeral e manifestación en Vilagarcía



FOLGA XERAL E MANIFESTACIÓN EN VILAGARCÍA

Toma do Concello pola xuventude, moitos deles ondeando as bandeiras republicanas e de Galicia no Balcón. Foi unha das manifestacións máis grandes que se recordan en Vilagarcía. Parece que vai espertando algunhas conciencias. Que vaia tomando nota o Sr. Alcalde Tomás Fole, xa está ben de tanta prepotencia e pola subcultura que existe na Concellería de Cultura.
 
 
 
 
Xoan de C. e Soutomaior.