Outro Pleno Esperpéntico
Teo Cardalda F.
O pasado luns no Concello de Vilagarcía de Arousa tivemos outro pleno esperpéntico. Esta vez algo insólito despois de máis de trinta anos de “democracia”, a policía identificou e rexistrou nunha lista aos asistentes. O Alcalde Sr. Fole xustificou esta medida por razóns de seguridade.
Cando non se escoita aos cidadáns, cando non se recibe aos colectivos para falar ou consensuar decisións importantes para a cidade, iso non é democracia, son decisións que lémbranme tempos pasados daquela “longa noite de pedra”. O único que está a facer o Sr. Alcalde e demonizar e criminalizar as protestas dos cidadáns con unha “lista negra” como se estiveramos nunha época nazi, coartando ás persoas a estar no pleno.
Dáme a sensación que a filosofía que practica o Sr. Alcalde, concorda coa que estamos a sufrir coa mediocridade do goberno da nación. Goberno que lévannos ao desastre, en todas as variantes dos valores éticos, morais e económicos.
Nunha democracia, a cidadanía de ben ten todo dereito a protestar ante as inxustizas dos seus mandatarios, en especial cando non cumpren as súas promesas electorais e convértense en prepotentes e ditadores. Tamén pode acontecer que sufra impotencia e mediocridade para rexir o Concello, ou non saiba as súas limitacións. Entón o que ten que facer é dimitir, irse para a casa e punto pelota.