Os Malfeitores da CEOE
   Outro esperpento máis neste país dos
despropósitos: a patronal CEOE di que a reforma laboral quedouse curta e esixe
ao goberno máis flexibilidade e rebaixar máis os salarios. Estes señores
séntense seguros e protexidos por este poder político e lexislativo que non vai
a ningures, lévannos ao desastre, a un túnel sen saída. Estes malfeitores
pretenden a escravitude, coido que nin sequera iso, os escravistas de antano
tiñan ao obriga de manter aos seus escravos.
 ¿ Ata cando temos que aguantar a estes  dirixentes empresariais e os políticos que os apoian que nos levan nun rumbo de naufraxio?. Non encanto, a verdadeira traxedia non consiste nos berros destes lacazáns  e goberno déspota e autoritario, senón no silencio da xente que o está vendo e non se move. 
  
De todo isto sácase unha conclusión moi clara, temos que volver a nacionalizar tódalas empresas de servizos e estratéxicas. Estas grandes empresas teñen que estar ao servizo da sociedade e non para saqueala favorecendo os infames intereses duns poucos.
 
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario