venres, 26 de abril de 2013

Catro Xenios para Premio Nobel




Catro Xenios para Premio Nobel

 Teo Cardalda F.

 

     Escoitando certas palabras dalgúns ministros,deputados e presidentes autonómicos deste goberno galopín do PP, a próstata súbeseme aos miolos e sinto un estarrecemento que ata pode escacharme a cabeza. Imos coa que leva máis puntos á hora de bardallar: Mariló Cospedal, entre o despido en diferido, o do nazismo e agora sae por peteneras dicindo que os votantes do PP deixan de xantar antes que de pagar a hipoteca é para ir ao cortello e matalas todas. Esta señora trabúcase nos conceptos, é como dicir báñome no río con río no baño, ou sexa unha falabarato. Esta muller é o colmo de tódolos colmos.

    Outra que baila no millo, Fátima Bañez que fala sen cancelas: “a saída dos mozos de España chámase “mobilidade externa”. Coido que non escatimou esforzos na mobilidade cerebral que ata pódese nomeala para o Nobel dos charramangueiros, tamén pode ser que as iluminarias que súbenlle á testa, déallas cada noite a virxe do Rocío á que tanto encomendase.

   Vicente M. Pujalte: este dixo algo semellante a unha furriqueira mental. “Algúns deudores queren a dación en pago para mercar outro piso”. Este deputado pasouse cen pobos, deshonra ao Congreso dos Deputados e non deixa de ser un iluminado.

   Non encanto, temos a o ministro Arias Cañete que quere superar a Mariló, imos ver as chafallas que dixo e aplicou: “Como iogures caducados e dúchome en auga fría”. Este home é un mártir cun nivel intelectual abraiante, non sei se usa para ducharse o xabón ou deterxente da colada (vai moi ben para os casposos) en vez do champú ou xel, ata pode ser que rebusque nos contedores do lixo para atopar iogures caducados e con moitas vitaminas de calor.

   Só estou a falar de catro xenios, porén, témolos abondo, a lista pode seguir pero non teño espacio suficiente para enumerala. Non encanto, facer unha clasificación non é moi doado, cada día que pasa un deles supera ao seguinte. Como dixo Albert Einstein: “ Hay dos cosas infinitas: El Universo y la estupidez humana: Y del Universo no estoy seguro”. Con este goberno a estupidez supera o infinito, tendo en conta que están insultando á intelixencia dos cidadáns.
 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario