Amosando publicacións coa etiqueta cospedal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cospedal. Amosar todas as publicacións

mércores, 24 de xaneiro de 2018

Videos de Rajoy, Cospedal, Soraya e Montoro no 2011







Videos de Rajoy, Cospedal, Soraya e Montoro no 2011
É imposible mentir tanto en tan pouco tempo. Teñen máis cara que un zapato vello.

Só querían chegar ao Goberno mentindo máis que falaban. A todos aqueles currantes que lles votaron, que lles aproveite e haber si lles empacha este “gazpacho” con garbanzos. Soamente están a gobernar para ese 0,50 por cento deste país, agora inclusive lle dan amnistía aos defraudadores. Hai que ser malvados e carotas para dicir fai uns anos o contrario do que fan agora.

¿Será posible que estes “tunantes” poidan durmir tranquilos coa desfeita que están a facer?. Se isto é a sí, quere dicir que non pertenecen á especie humana, asemellan a alimañas con pés e brazos e como o seu logotipo da carroñera Gaivota.
Isto en calquera país minimamente democrático xa tiñan que estar dimitidos fai tempo
Xoán de C. e Soutomaior

Agora o video do día 30 do Consello de Ministros aprobando os Presupostos contra a cidadanía e amnistiando aos defraudadores ao fisco. hai que foderse con estes tíos/as. Retrocedemos un século. Temos que votalos dunha puta vez, pois lévannos ao desastre.




Anaquiños da historia de Vilaxoán 

venres, 26 de abril de 2013

Catro Xenios para Premio Nobel




Catro Xenios para Premio Nobel

 Teo Cardalda F.

 

     Escoitando certas palabras dalgúns ministros,deputados e presidentes autonómicos deste goberno galopín do PP, a próstata súbeseme aos miolos e sinto un estarrecemento que ata pode escacharme a cabeza. Imos coa que leva máis puntos á hora de bardallar: Mariló Cospedal, entre o despido en diferido, o do nazismo e agora sae por peteneras dicindo que os votantes do PP deixan de xantar antes que de pagar a hipoteca é para ir ao cortello e matalas todas. Esta señora trabúcase nos conceptos, é como dicir báñome no río con río no baño, ou sexa unha falabarato. Esta muller é o colmo de tódolos colmos.

    Outra que baila no millo, Fátima Bañez que fala sen cancelas: “a saída dos mozos de España chámase “mobilidade externa”. Coido que non escatimou esforzos na mobilidade cerebral que ata pódese nomeala para o Nobel dos charramangueiros, tamén pode ser que as iluminarias que súbenlle á testa, déallas cada noite a virxe do Rocío á que tanto encomendase.

   Vicente M. Pujalte: este dixo algo semellante a unha furriqueira mental. “Algúns deudores queren a dación en pago para mercar outro piso”. Este deputado pasouse cen pobos, deshonra ao Congreso dos Deputados e non deixa de ser un iluminado.

   Non encanto, temos a o ministro Arias Cañete que quere superar a Mariló, imos ver as chafallas que dixo e aplicou: “Como iogures caducados e dúchome en auga fría”. Este home é un mártir cun nivel intelectual abraiante, non sei se usa para ducharse o xabón ou deterxente da colada (vai moi ben para os casposos) en vez do champú ou xel, ata pode ser que rebusque nos contedores do lixo para atopar iogures caducados e con moitas vitaminas de calor.

   Só estou a falar de catro xenios, porén, témolos abondo, a lista pode seguir pero non teño espacio suficiente para enumerala. Non encanto, facer unha clasificación non é moi doado, cada día que pasa un deles supera ao seguinte. Como dixo Albert Einstein: “ Hay dos cosas infinitas: El Universo y la estupidez humana: Y del Universo no estoy seguro”. Con este goberno a estupidez supera o infinito, tendo en conta que están insultando á intelixencia dos cidadáns.
 

 

sábado, 23 de febreiro de 2013

Mariloli




Mariloli
Teo Cardalda F.
 
     Mariloli Cospedal intenta vender 57 montes públicos que supón máis de 40.000 hectáreas que están cualificados como espazos naturais protexidos incluídos na “Red Natura 2000. O cabalo de Atila, chamado Othar, non vendía a herba que non crecía ao seu paso. Non encanto, a Sra. das peinetas e multisueldos, vende a herba as árbores, os montes, hospitais e os colexios. Non conforme con aumentar o paro na Comunidade que preside, cargarse os servizos sociais, agora ten a ousadía de limitar os espazos onde a cidadanía pode pasear e gozar da natureza.

    Coido que isto vai ser un grande pelotazo cinexético dos amiguetes da Sra. da peineta. Agora xa non inverten no ladrillo, senón que esquilmaran a flora e a fauna autóctona e logo serán subvencionados con diñeiro do pobo para facer negocios con cacerías e campos de golf.

   Aínda lembro aquel dito dos anos 60-70 na TVE: “cuando un bosque se quema, algo tuyo se está quemando”. Hoxe xa podemos dicir: “algo tuyo se quema......Sr Conde”. Desta maneira son estes salvapatrias de postal. Esta Mariloli estase pasando cen pobos nas súas funcións dunha maneira salvaxe, atribuíndose a pertenza da Comunidade como se fora un “cortijo” particular. Cando rematen de vender o país, ese que tanto din que aman e queren, fuxiran como furricallos a cobrar o premio nas “Islas Caimán” que o tesoureiro Bárcenas repartirá en sobres lacrados.

   Que mágoa, estannos a gobernar con: ....el que se fodan.... . con peinetas Cospedal,....con biquiños.... Virxe do Rocío.....coas peinetas de Bárcenas.....coas mentiras. Xa está ben de tanta chulería, xa non é que se rían de nós, agora descojónanse de rir a beizo rachado.

   Nesta orxía de atracos ao público, a Sra. Mariloli como posesa, tiña que donar o monte de Venus e facer un campo de golf para poder xogar tódolos cidadáns cando quixesen.

  En fin, que algúns deses cidadáns que lle deron as chaves das súas cadeas que os teñen presos, que no se queixen. Son cousas que pasan por elixir á raposa a coidar o galiñeiro.

Artigos publicado en Diario de Arousa e Galicia Dixital